Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta acollida

CREAR GRUPO PRIMARIA

Estupendo material elaborado polo Gabinete de Convivencia coa colaboración do Área de Acción Titorial do ETPOEP de Jaén. Trátase dunha presentación interactiva cun Plan de Acollida,  para o alumnado de Primaria, adaptado á nova normalidade na que deberemos convivir co COVID 19. Dedica especial atención á creación de vínculos entre o profesorado, en definitiva, como o seu nome indica, á creación de grupo.

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS DE NENOS E NENAS DE TRES ANOS

Imaxe
Hoxe demos a benvida ás familias dos alumnos/as de tres anos. Como cada curso, fixemos unha reunión que pretende ser unha primeira toma de contacto co centro , así como resolver posibles dúbidas que se vos poidan plantexar ante a escolarización dos vosos fillos/as, informarvos sobre temas de interese e    transmitirvos unha serie de recomendacións para poñer en práctica durante o verán e facilitar así a entrada na escola. Sabemos que, por distintas circunstancias, non sempre ñe posible levar a cabo todas as suxerencias que vos facemos. Por iso, se o voso fillo/a se atopa nalgunha situación especial, non vos preocupedes, falaremos tan pronto se escolarice e tentaremos de atopar a solución máis adecuada. Cando escolarizades aos vosos cativos/as no colexio adquirimos un compromiso entre o centro e as familias, que ten como obxectivo traballar unidos cara unha meta común: A EDUCACIÓN DOS VOSOS FILLOS/AS A continuación, deixámosvos a presentación e os documentos que ...

BENVIDA ÁS FAMILIAS DO ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL DE NOVO INGRESO

Imaxe
Hoxe demos a benvida ás familias dos nenos de educación infantil que este ano se incorporan ao noso colexio.  Aínda que xa estiveron connosco en fin de curso, hoxe volveron para coñecer máis a fondo ás profesoras dos seus fillos, os horarios do período de adaptación e outros pequenos detalles, non por iso menos importantes, que o equipo de infantil quixo transmitirlles. Cremos que é moi interesante realizar estas reunións para que as familias coñezades ao profesorado do centro, porque, dese modo, vos será máis doado deixar aos vosos fillos en "mans descoñecidas" e, canta máis tranquilidade demostredes, maior seguridade lle transmitiredes aos vosos fillos. Como orientadora do centro non me quixen perder esta reunión e aproveitei para dar a coñecer ás familias a existencia do Departamento de Orientación e como e cando poden poñerse en contacto con este. Ademais informouse aos pais de que, e n breve, as profesoras e a orientadora, manteremos outra reunión, co fin de...

GUÍA PARA MELLORAR A ATENCIÓN AO ALUMNADO INMIGRANTE EN LOS CENTROS EDUCATIVOS

Imaxe
Esta guía, froito da colaboración entre o Ayuntamiento de Logroño, o IES Batalla de Clavijo, a Asociación Intercultural de Mujeres de la Rioja (AMIRAS) e algunhas institucións da cidade inglesa de Cambridge, pretende favorecer  e facilitar a evolución do alumnado inmigrante dentro do sistema educativo. Neste documento podemos atopar  información sobre as decisións básicas no centro con respecto á atención educativa do alumnado inmigrante; pautas para a acollida do alumnado, para o seu seguimento e avaliación; recursos do centro e comunitarios e materiais de traballo. Si estades interesados en ver a guía, pinchade aqui