Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta DO

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2021-2022

 

PROYECTO AMBÉZAR 2

Imaxe
Interesante e completa aplicación realizada polo colectivo Ambézar . Este grupo de traballo está constituído por varios profesionais da educación que se dedican a xenerar ferramentas e recursos para a intervención educativa desde a perspectiva da orientación. Pretenden crear materiais que poidan servir de apoio para moitas das actividades que se xeneran no día a día en torno á diversidade. Ao mesmo tempo, o seu obxectivo é unificar criterios que faciliten aos profesionais da orientación dar unha resposta adecuada respecto á diversidade. A nova  aplicación, do ano 2010,  axústase á nova normativa de atención á diversidade e pretende servir de apoio ao profesorado en xeneral e aos profesionais da orientación en particular Ofrece  moitos e interesantes documentos, como: modelo de toma de decisións respecto á diversidade; formularios que recollen todos os aspectos que debe incluír un plan de atención á diversidade; documentos centrados nas comp...

PROGRAMA INFORMATICO PARA XESTIONAR O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Imaxe
Na páxina OrientaPT podedes atopar un programa informático para xestionar o Departamento de Orientación que o seu autor, Roberto Maquieira García, quere compartir xenerosamente connosco. O programa consiste nunha base de datos adaptada para traballar na comunidade autónoma galega. Podedes acceder ao programa no seguinte enlace

DOCUMENTOS FRECUENTES DE USO ACADÉMICO - ADMINISTRATIVO

Imaxe
Recompilación de documentos referidos a diversos ámbitos de actuación nos centros educativos: o propio centro educativo (1), o alumnado (4), o profesorado (2) e as familias (16).

O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Imaxe
O Departamento de Orientación (DO) é un servizo interno de atención á diversidade existente  nos centros educativos que presta apoio ao profesorado e ao resto da comunidade educativa. Actualmente existe en todos os centros de secundaria e tamén naqueles centros de primaria de máis de 12 unidades.   Cando os centros teñen menos de 12, contan con departamento de orientación compartida e,  se teñen menos de seis unidades, figuran adscritos a outro Centro Educativo de Intantil e Primaria (CEIP). Quen o compón? O Departamento de Orientación dos CEIP ten a composición establecida no artigo 4 do Decreto 120/1998 do 23 de abril, polo que se regula a orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.  Ao abeiro deste decreto no noso centro queda como sigue: Xefa do Departamento. Profesorado de apoio (Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe). Profesorado responsable ou coordinador de ciclo. No momento actual non hai centros adscritos ao colexio, po...