Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2017

¡¡¡VACACIÓNS!!!

Imaxe
Outro curso que remata  e outro verán que comeza. Tempo de vacacións,  de desconectar, de disfrutar e descansar.  Non esquezades repasar os seguintes verbos, ¡preferiblemente en activa! E para completalo, practicade estes xerundios.  ¡Están  pensados especialmente para disfrutar do verán! Felices e merecidas vacacións.  ¡Ata o curso que vén! FONTE:  El blog de Manu Velasco Refuerzo de Lengua: Vía Profe Carmela

REUNIÓN PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO QUE COMEZA 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Imaxe
A reunión para as familias do alumnado que comeza a etapa de Educación Primaria ten como principais obxectivos: Proporcionar información sobre a nova etapa Compartir estratexias para facilitar o cambio Contestar ás vosas preguntas, dúbidas e inquedanzas O certo é que todos os cambios acostuman xerar certo temor, máis a vida é un cambio continuo e temos que transmitir aos nosos fillos/as unha actitude adecuada, alentalos e motivalos en vez de radiar, moitas veces sen pretendelo, ansiedade e temor ante os mesmos. Sempre me gusta dicirvos que SEN CAMBIOS NON HAI MARIPOSA ... Procurade transmitirlles ilusión, calma e normalidade.  É certo que comezarán unha nova etapa, pode que máis difícil, pero o cambio non se  producirá de forma drástica, senón pouco a pouco.  A continuación tedes á vosa disposición unha presentación sobre  a transición de Infantil a Primaria, na que se esbozan as principais características da etapa que comeza; así como un documento con pautas p

PASO A SECUNDARIA

Imaxe
Hoxe despedímonos dos nosos alumnos e alumnas de sexto de Educación Primaria nunha fermosa  e emotiva festa de graduación. Nervios,temores... pero tamén moita ilusión ante  a nova etapa que comeza. Como sabedes, para facilitar o cambio levamos a cabo unha serie de actividades que  forman parte do programa de transición a Secundaria, que realizamos conxuntamente co instituto ao que estamos adscritos: Visita ao novo centro para coñecer as aulas, as instalacións etc. Visita de antigos alumnos/as que, no curso actual, cursaron 1º de ESO para responder moitas das preguntas e resolver as dúbidas que poden xurdir ante o cambio. Charla para as familias coa finalidade de obter toda a información que precisades. Desde o pasado curso, a charla  ten lugar no propio instituto. Reunión entre o equipo docente de 6º e a xefa de estudos do Instituto, co fin de coordinar o cambio de etapa. Ademais quixera compartir con todos vós estes documentos e recomendacións. Espero que vos sexan de uti

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2017-2018

Imaxe
ORDE do 12 de xuño de 2017 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2017/18 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.  Pincha neste  ENLACE  para consultalo

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS DE NENOS E NENAS DE TRES ANOS

Imaxe
Hoxe demos a benvida ás familias dos alumnos/as de tres anos. Como cada curso, fixemos unha reunión que pretende ser unha primeira toma de contacto co centro , así como resolver posibles dúbidas que se vos poidan plantexar ante a escolarización dos vosos fillos/as, informarvos sobre temas de interese e    transmitirvos unha serie de recomendacións para poñer en práctica durante o verán e facilitar así a entrada na escola. Sabemos que, por distintas circunstancias, non sempre ñe posible levar a cabo todas as suxerencias que vos facemos. Por iso, se o voso fillo/a se atopa nalgunha situación especial, non vos preocupedes, falaremos tan pronto se escolarice e tentaremos de atopar a solución máis adecuada. Cando escolarizades aos vosos cativos/as no colexio adquirimos un compromiso entre o centro e as familias, que ten como obxectivo traballar unidos cara unha meta común: A EDUCACIÓN DOS VOSOS FILLOS/AS A continuación, deixámosvos a presentación e os documentos que compartim

CUENTOS QUE CONTAGIAN ILUSIÓN

Imaxe
CUENTOS QUE CONTAGIAN ILUSIÓN es una divertida colección de cuentos que forma parte de la Biblioteca Infantil de  Fundación ONCE .  Se trata de una serie de historias protagonizadas por niños y niñas en situación de discapacidad que pretende mostrar a los niños en qué consiste la diversidad funcional, fomentar en ellos el respeto y la tolerancia, así como hacer ver que se puede vivir con ella de forma normalizada. Las historias están traducidas a varios idiomas: gallego, euskera, catalán e inglés. La colección cuenta con nueve historias. Nacho Pista Tenista : Sobre la Espina Bífida. Aitor Aviador : Sobre el TDAH. Rosalía la Espía : Sobre la Sordera. Amador Actor : Sobre la Parálisis Cerebral. Aurora Locutora : Sobre la Ceguera. Silvina Bailarina : Sobre el Síndrome de Down. Pablo García Policía : Sobre la Acondroplasia. Aneta Poeta : Sobre la Tartamudez. Regina As de la Cocina : Sobre la Sordoceguera. Cada cuento trae actividades y materiales para trabajar,