Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta transicions

PASO A 1º DE PRIMARIA

Imaxe
Como sabedes, no centro acostumamos realizar unha reunión para falar do paso de Infantil a Educación Primaria.  Con ela pretendemos acompañarvos nesta nova andaina, escoitar e, tentar de resolver, as posibles dúbidas que poidades ter. Cremos que ter unha información adecuada evita medos, incertidumes e tensións que podedes, sen pretendelo, transmitir aos vosos fillos/as. Na seguinte imaxe interactiva atoparedes  documentos e pautas con información, co fin de facilitar o coñecemento da nova etapa e a transición á mesma. 

BENVIDOS AO COLE! INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS DE NOVO INGRESO DE EDUCACIÓN INFANTIL

Imaxe
Benvidos ao cole!  Como cada curso, facemos a reunión coas familias de novo ingreso, que pretende ser unha  primeira toma de contacto co centro , así como proporcionar información que   resolva posibles dúbidas  que se vos poidan plantexar ante a escolarización dos vosos fillos/as e   transmitirvos unha serie de  recomendacións  para poñer en práctica durante o verán e facilitar así a entrada na escola. Sabemos que, por distintas circunstancias, non sempre é posible levar a cabo todas as suxerencias que vos facemos. Por iso, se o voso fillo/a se atopa nalgunha situación especial, non vos preocupedes, falaremos tan pronto se escolarice e tentaremos de atopar a solución máis adecuada. Cando escolarizades aos vosos cativos/as no colexio adquirimos un compromiso entre o centro e as familias, que ten como obxectivo traballar unidos cara unha meta común:  A EDUCACIÓN DOS VOSOS FILLOS E FILLAS

IMOS AO INSTITUTO: INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS E ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Imaxe
  O pasado 15 de xuño despedimos aos nosos alumnos e alumnas de sexto de Educación Primaria nunha fermosa  e emotiva festa de graduación. Nervios, tristura... pero tamén moita ilusión ante  a nova etapa que comeza . Desde o colexio, queremos acompañarvos na transición de  Primaria a Secundaria, por iso, ao longo do 2º e 3º trimestre deste curso, levamos a cabo unha serie de actividades que  forman parte do programa de transición a ESO, que se realiza conxuntamente co instituto ao que estamos adscritos: Visita do alumnado ao novo centro para coñecer as aulas, as instalacións etc. Reunión entre o equipo docente de 6º, a orientadora e a xefa de estudos do Instituto, co fin de coordinar o cambio de etapa. Charla no instituto dirixida ás familias coa finalidade de que obteñades toda a información que precisades (martes 27 de xuño, ás 19:00 horas). Mentres tanto, deixámosvos información co fin de facilitar o coñecemento da  nova etapa e a transición a Secundaria....

DE PRIMARIA A ESO

Pode que este sexa o fin de curso máis atípico que vivíramos ata o momento. Acaban as clases, pero sen regresar ás aulas.  Toca despedirse do curso que remata, pero no voso caso tamén do cole no que pasastes os últimos anos. A este curso estrano faltáronlle moitas cousas, entre outras a despedida presencial que a todos nos houbera gustado: con festa, bicos e apertas.  Mais o confinamento motivado pola crise do coronavirus fixo que a vosa despedida do colexio e dos vosos compañeiros/as fose virtual e moi distinta a como acostumamos celebralo no colexio. Pero tamén única e especial! As despedidas sempre nos poñen un pouco tristes, sen embargo esta ten que ser motivo de alegría, porque coroa todo o traballo que levades realizado e porque pecha  unha etapa, pero dá comezo a outra tamén  chea de cousas bonitas.  Toda a sorte do mundo na vosa nova andaina!   Como sabedes, a próxima semana teremos unha videoconferencia coas vosas familias para falar do paso a Educ...

DE INFANTIL A PRIMARIA

Este curso o coronavirus, ese bichito tan pelma empeñado en trastocar os nosos plans, fixo que a vosa despedida de Infantil e as actividades que acostumamos realizar para facer máis doado o cambio de etapa foran, cando menos, distintas. Como sabedes, a próxima semana teremos unha videoconferencia  para falar do paso a Educación Primaria. Con ela pretendemos acompañarvos nesta nova andaina e escoitar, e tentar de resolver, as posibles dúbidas que poidades ter.  Cremos que ter unha información adecuada evita medos, incertidumes e tensións que podedes, sen pretendelo, transmitir aos vosos fillos/as. Mentres tanto, deixámosvos documentos e pautas para que teñades información,  co fin de facilitar o coñecemento da  nova etapa e a transición á mesma. Esperamos que vos sexan de axuda!

CUADERNOS DE ORIENTACIÓN APOCLAM 2017-2018

Imaxe
Cuadernos de Orientación APOCLAM, en formato descargable, con información útil para profesorado, alumnado y familias. Los contenidos han sido revisados para adaptarlos a la última normativa. Abarcan desde 6º de Educación Primaria a Bachillerato y Formación Profesional.  El cuaderno de 6º de Primaria está pensado para trabajar con los alumnos/as la toma de decisiones, el autoconcepto y la transición a la Educación Secundaria Obligatoria. Fuente: APOCLAM

REUNIÓN PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO QUE COMEZA 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Imaxe
A reunión para as familias do alumnado que comeza a etapa de Educación Primaria ten como principais obxectivos: Proporcionar información sobre a nova etapa Compartir estratexias para facilitar o cambio Contestar ás vosas preguntas, dúbidas e inquedanzas O certo é que todos os cambios acostuman xerar certo temor, máis a vida é un cambio continuo e temos que transmitir aos nosos fillos/as unha actitude adecuada, alentalos e motivalos en vez de radiar, moitas veces sen pretendelo, ansiedade e temor ante os mesmos. Sempre me gusta dicirvos que SEN CAMBIOS NON HAI MARIPOSA ... Procurade transmitirlles ilusión, calma e normalidade.  É certo que comezarán unha nova etapa, pode que máis difícil, pero o cambio non se  producirá de forma drástica, senón pouco a pouco.  A continuación tedes á vosa disposición unha presentación sobre  a transición de Infantil a Primaria, na que se esbozan as principais características da etapa que comeza; así como un doc...

PASO A SECUNDARIA

Imaxe
Hoxe despedímonos dos nosos alumnos e alumnas de sexto de Educación Primaria nunha fermosa  e emotiva festa de graduación. Nervios,temores... pero tamén moita ilusión ante  a nova etapa que comeza. Como sabedes, para facilitar o cambio levamos a cabo unha serie de actividades que  forman parte do programa de transición a Secundaria, que realizamos conxuntamente co instituto ao que estamos adscritos: Visita ao novo centro para coñecer as aulas, as instalacións etc. Visita de antigos alumnos/as que, no curso actual, cursaron 1º de ESO para responder moitas das preguntas e resolver as dúbidas que poden xurdir ante o cambio. Charla para as familias coa finalidade de obter toda a información que precisades. Desde o pasado curso, a charla  ten lugar no propio instituto. Reunión entre o equipo docente de 6º e a xefa de estudos do Instituto, co fin de coordinar o cambio de etapa. Ademais quixera compartir con todos vós estes documentos e recomendacións. Espero q...

EMPEZAR PRIMARIA CON BO PÉ

Imaxe
O paso a Primaria  supón para os vosos fillos/as un gran acontecemento. . Comeza unha etapa na que lles esperan certos cambios aos que se irán adaptando paulatinamente.  É importante que afrontemos a mesma correctamente. Dende o colexio, queremos estar convosco neste proceso e con esta idea levamos a cabo unha serie de actuacións encamiñadas a conseguir unha mellor adaptación á nova etapa. Algunhas delas son:   Reunións entre o profesorado de Educación Infantil e o primeiro curso de Educación Primaria. Visita dos nenos/as de sexto curso de Educación Infantil ás aulas de 1º de Primaria. Actividades conxuntas entre o alumnado de Infantil e primaria: Samaín, etc Reunión coa familias do alumnado que entra en 1º de Primaria o vindeiro curso. As seguintes pautas teñen a intención de facilitar a adaptación á nova etapa do voso fillo/a, para comezar Primaria con bo pé. Pincha aq uí para descargar as pautas en PDF Procurade vivir o cambio con calma, ...

GUÍA DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA: DE 6º A 1º

Imaxe
El Ayuntamiento de San Sebastián de los Reyes ha presentado recientemente una Guía de Orientación Educativa, con el objetivo básico de facilitar la transición de Primaria a Secundaria. Para ello recopilan en este documento información básica sobre los cambios que se producen en el alumnado durante la adolescencia, sobre el cambio de etapa educativa y la trayectoria de la nueva etapa que comienza, así como pautas orientativas: hábitos saludables, cómo debe estudiar o cómo puede participar la familia en esta etapa. Aunque la guía se dirige al alumnado y las familias de San Sebastián de los Reyes, la mayor parte de sus contenidos son extrapolables a otras familias que se encuentren en la misma situación. Así que espero que os resulte de  interés! Para acceder a la guía, pincha aquí

O PASO A SECUNDARIA: CHARLA PARA AS FAMILIAS

Xa estamos no último trimestre do curso. Para o alumnado de 6º, e para as súas familias, é tamén o último curso de Primaria. Como en todos os momentos de cambio, xorden dúbidas e inseguridades sobre a nova época que se inicia. Co obxectivo de orientar aos pais e nais do alumnado de  6º curso o pasado martes, realizamos esta reunión na que a bordamos aspectos relacionados coa educación secundaria e a súa estrutura;  coa solicitude de praza e a  matrícula; co as características da nova  etapa que se inicia e as súas diferencias coa etapa de Primaria...  En definitiva falamos sobre as as vosas  preocupacións neste momento de cambio e ofrecemos unha serie de pautas para afrontalo con seguridade e optimismo. Moitas grazas a todos vós pola asistencia e e spero que vos sexan de utilidade!!!