Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2020

O BOTE DAS EMOCIÓNS

Imaxe
Quixera compartir convosco unha idea estupenda para tentar parchear a saudade que sentimos das nosas persoas queridas, mentres dura a corentena. A actividade consiste en que, no momento en que comeces a botar de menos a unha persoa querida, lle dediques un tempo no que fagas un debuxo, unha poesía, un pensamento, un vale por un bico, por unha aperta, o que ti queiras... e a metas nunha caixa ou nun bote co seu nome. Cando todo isto pase terás un agasallo único e estupendo para esa persoa a quen queres. Podes facer tantos botes como precises. Animaste? Fonte: Menud@s Maestr@s Vía:  Orientación Oliveira - Guláns . 

A FORZA DO CONDESA

Imaxe
Quero compartir convosco este vídeo. Está feito con moito cariño por tod@s @s profes do cole. Non ten outra finalidade que dicirvos que seguimos aí, traballando e pensando en vós, así como transmitirvos todo o noso ánimo e apoio nestes tempos difíciles de corentena polo COVID-19 que nos tocou vivir. A nosa arma para vencer a este virus é quedarnos na casa e loitar xunt@s contra el con toda a forza, coa forza do Condesa! 

GUÍA DE RECURSOS PARA QUEDARSE EN CASA

Imaxe
Comparto convosco  unha guía moi interesante con consellos, recomendacións, recursos audiovisuais, lecturas, visitas virtuais, exercicios, actividades, ideas...  para nenos/as e adultos. O documento elaborouno a   Fundación Mª José Jove en colaboración coa Asociación Participa c o obxectivo de facilitar que a corentena sexa máis levadía para os nenos/as e as súas familias. Para acceder á guía, pincha na imaxe

A ESCOLA SEGUE ABERTA

Imaxe
Queridas familias Este blog sempre pretendeu ser un instrumento de comunicación coa comunidade educativa nos temas referidos a orientación. Mais se cadra, no momento que vivimos, esta pretensión cobra aínda máis sentido, posto que vai ser o medio principal para comunicarse co Departamento de Orientación mentres dure o tempo de confinamento. Como sabedes, os colexios están pechados, pero todos os profes seguimos a traballar desde casa, procurando chegar a todos/as e cada un de vós, tentando levar a cabo estratexias de continuación da aprendizaxe e acompañándovos na distancia nestes días de corentena na medida do posible.  Desde o Departamento de Orientación permanecemos ao voso lado colaborando, a través do blog, compartindo pautas para afrontar a situación; novas de interese; contos que axudan a explicar aos máis cativos/as o que está a pasar; recompilando distintas actividades, materiais e recursos para as distintas materias; buscando outras que fagan máis levadío o encerro rela

CONTOS PARA TEMPO DE CORONAVIRUS #quedamos na casa

Imaxe
Os libros axudan a entender mellor a nosa contorna, a nós mesmos e, en definitiva, a vida. Ademais serven de catalizadores que permiten aflorar as emocións e facilitan a aprendizaxe de estratexias de afrontamento en determinados temas. Axúdanlles a poñer nome ao que senten e  a verbalizar situacións que, ao mellor, doutro modo non saberían expresar. Coa finalidade de axudar a brotar as emocións que os nosos pequenos/as poidan sentir ante a situación orixinada pola pandemia provocada polo COVI-19, aquí tendes unha recompilación de contos infantís sobre o coronavirus que podedes descargar pinchando nas imaxes.  Son moitas as iniciativas que tentan responder a través da literatura ás inquedanzas dos máis cativos/as sobre o tema do coronavirus e as súas implicacións. Todas elas fano dun xeito altruísta, pois os seus autores/as difundíronas gratuitamente a través das redes sociais,  para que estean o alcance de todas as familias. Algúns destes contos están publicados en distintos idiom

SABELA, AS ZOCAS MÁXICAS E O CORONAVIRUS

Imaxe
Quero compartir convosco este vídeo cunha canción composta por @josecarbia ,  mestre de música no Centro de Educación Especial Miño, en Velle (Ourense).   Trátase de Sabela, as zocas máxicas e o coronavirus. O vídeo acompáñase de pictogramas para facilitar a súa comprensión. A través de Sabela insístese na importancia de lavarse as mans, de quedar na casa, de ocupar o tempo con actividades e de aguantar a que pase o temporal. De feito, nunca choveu que non escampara, non si?  

PAUTAS PARA TEMPOS DE CORONAVIRUS #quedamosnacasa

Imaxe
A crise sanitaria que estamos a vivir obríganos a quedar na casa como medida preventiva para tratar de conter e mitigar a infección. Iso está a darlle a volta á nosa existencia por completo e, como non, a convivencia familiar tamén se ve afectada. De repente o ritmo de vida ao que estabamos acostumados frea de súpeto; pasamos máis horas xuntos sen poder saír da casa e, ademais, debemos combinar o noso traballo coa crianza dos nosos fillos/as nunha situación insólita, xa que non asisten a clase e non podemos contar coas redes de apoio nas que nos sustentabamos habitualmente. A todo iso debemos sumarlle as situacións persoais, a preocupación e o sentimento de angustia que xera este escenario tan estraño que parece máis propio dunha película de ficción. É indubidable que estamos ante unhas circunstancias excepcionais e, en consecuencia, tamén requiren respostas excepcionais. Temos que procurar adaptarnos, o que leva o seu tempo, organizarnos, manter a calma e acompañar aos nosos fillos

ASÍ É A VIDA

Imaxe
Así es la vida  é un libro, escrito por Ana Luísa Ramírez e ilustrado por Carmen Ramírez, que axuda aos nenos e nenas a reflexionar e dialogar sobre a vida, sobre o marabillosa que pode ser ás veces e o difícil que pode ser noutras ocasións nas que debemos aprender a lidiar coa frustración, a aceptar, porque as cousas non sempre saen como pensábamos. O libro tamén axuda aos nenos/as a comprender que desas situacións,  nas que as cousas non saen  como queremos, tamén podemos aprender. Pode ser adecuado para ler xunto aos cativos/as nestes momentos, con calma, na casa. É un conto que se presta á reflexión, a deixar que os nosos fillos/as se expresen, a fomentar o diálogo, a escoitar activamente e a empatizar con eles/as.

CORONAVIRUS NON É UN PRÍNCIPE (NNI UNHA PRINCESA)

Imaxe
Coronavirus no es un príncipe (ni una princesa)  é un libro escrito por María Coco , coordinado por María R. Coco e ilustrado por Sara Ramírez . Aborda dun xeito intelixible para os máis cativos/as o tema do coronavirus e ofrece pautas para que aprendan a evitar a súa propagación. As súas autoras difundiron este conto de forma gratuíta a través das redes sociais. Con probabilidade nos vindeiros días saian versións en distintos idiomas. Para acceder ao conto, pinchade na imaxe

RECURSOS PARA TEMPOS DE CORONAVIRUS #quedamos na casa

Imaxe
Desde Orientacióncondesa compartimos convosco algúns recursos , recompilados coa colaboración  do xefe de actividades extraescolares do centro, que poden ser de axuda nestes "tempos de coronavirus" nos que debemos quedarnos na casa como medida de  precaución e responsabilidade. Espero que vos sexan de utilidade. INICIATIVA ARCO IRIS: É unha iniciativa popular, que xorde baixo o hastag #desdemiventana para facer máis levadeira a cuarentena. Estase a levar a cabo noutros países e tamén chegou ao noso. A idea é que os nenos/as, coa vosa axuda ou por si sos, realicen un arco da vella co lema TODO IRÁ BEN e colocalo nas fiestras para que outros nenos/as o vexan e se sintan máis acompañados.  AQUÍ   tendes un modelo, pero podedes crear o voso propio! Este é o que fixen eu A continuación podes ver unha serie de enlaces recollidos na seguinte presentación realizada a través de padlet. Preme AQUÍ