PROTOCOLO DE ATENCIÓN EDUCATIVA AO ALUMNADO CON ALTAS CAPACIDADES INTELECTUAIS

Protocolo de atención educativa ao alumnado con altas capacidades intelectuais, publicado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Segundo se explica no propio documento, o texto consta de nove epígrafes, empezando pola introdución.
Na segunda epígrafe reseña a inclusión educativa, principio do sistema educativo que garante a equidade e normaliza a diversidade.
Na terceira epígrafe ofrece información clave sobre o concepto das altas capacidades  intelectuais e fai referencia aos mitos que seguen a existir sobre este alumnado.
Na cuarta epígrafe desenvólvese o proceso de identificación do alumnado con altas capacidades.
Na quinta abórdase a intervención educativa e bríndanse orientacións ao centro educativo, á aula e apórtanse unha serie de medidas educativas ordinarias e extraordinarias dirixidas ao alumnado con esta condición desde unha perspectiva inclusiva, así como dánse pautas ás familias do alumnado e indicacións para a avaliación curricular e seguimento da intervención. 
Na epígrafe sexta exponse unha relación bibliográfica tanto para afondar no concepto de altas capacidades intelectuais como para proporcionar documentados centrados na práctica.
Na sétima epígrafe achégase lexislación relacionada co alumnado con altas capacidades intelectuais.
Na oitava epígrafe preséntase un glosario de termos e na novena expóñense tres anexos entre os que figuran: unha relación de probas estandarizadas para a detección e avaliación deste alumnado, modelos de demanda de intervención e un fluxograma que resume os pasos a seguir ante a sospeita de altas capacidades nun alumno ou alumna.


Comentarios