DE INFANTIL A PRIMARIA
Este curso o coronavirus, ese bichito tan pelma empeñado en trastocar os nosos plans, fixo que a vosa despedida de Infantil e as actividades que acostumamos realizar para facer máis doado o cambio de etapa foran, cando menos, distintas.
Como sabedes, a próxima semana teremos unha videoconferencia para falar do paso a Educación Primaria. Con ela pretendemos acompañarvos nesta nova andaina e escoitar, e tentar de resolver, as posibles dúbidas que poidades ter.
Cremos que ter unha información adecuada evita medos, incertidumes e tensións que podedes, sen pretendelo, transmitir aos vosos fillos/as.
Mentres tanto, deixámosvos documentos e pautas para que teñades información, co fin de facilitar o coñecemento da nova etapa e a transición á mesma. Esperamos que vos sexan de axuda!
Comentarios
Publicar un comentario
Non esquezas deixar o teu comentario