REUNIÓN PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO QUE COMEZA 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
A reunión para as familias do alumnado que comeza a etapa de Educación Primaria ten como principais obxectivos:
- Proporcionar información sobre a nova etapa
- Compartir estratexias para facilitar o cambio
- Contestar ás vosas preguntas, dúbidas e inquedanzas
O certo é que todos os cambios acostuman xerar certo temor, máis a vida é un cambio continuo e temos que transmitir aos nosos fillos/as unha actitude adecuada, alentalos e motivalos en vez de radiar, moitas veces sen pretendelo, ansiedade e temor ante os mesmos.
Sempre me gusta dicirvos que SEN CAMBIOS NON HAI MARIPOSA...
Sempre me gusta dicirvos que SEN CAMBIOS NON HAI MARIPOSA...

Procurade transmitirlles ilusión, calma e normalidade.
É certo que comezarán unha nova etapa, pode que máis difícil, pero o cambio non se producirá de forma drástica, senón pouco a pouco.
A continuación tedes á vosa disposición unha presentación sobre a transición de Infantil a Primaria, na que se esbozan as principais características da etapa que comeza; así como un documento con pautas para COMEZAR PRIMARIA CON BO PÉ.
Comentarios
Publicar un comentario
Non esquezas deixar o teu comentario