O BOTE DAS EMOCIÓNS


Quixera compartir convosco unha idea estupenda para tentar parchear a saudade que sentimos das nosas persoas queridas, mentres dura a corentena.
A actividade consiste en que, no momento en que comeces a botar de menos a unha persoa querida, lle dediques un tempo no que fagas un debuxo, unha poesía, un pensamento, un vale por un bico, por unha aperta, o que ti queiras... e a metas nunha caixa ou nun bote co seu nome.
Cando todo isto pase terás un agasallo único e estupendo para esa persoa a quen queres. Podes facer tantos botes como precises.
Animaste?


Comentarios