ASÍ É A VIDA

Así es la vida é un libro, escrito por Ana Luísa Ramírez e ilustrado por Carmen Ramírez, que axuda aos nenos e nenas a reflexionar e dialogar sobre a vida, sobre o marabillosa que pode ser ás veces e o difícil que pode ser noutras ocasións nas que debemos aprender a lidiar coa frustración, a aceptar, porque as cousas non sempre saen como pensábamos.
O libro tamén axuda aos nenos/as a comprender que desas situacións,  nas que as cousas non saen  como queremos, tamén podemos aprender.
Pode ser adecuado para ler xunto aos cativos/as nestes momentos, con calma, na casa. É un conto que se presta á reflexión, a deixar que os nosos fillos/as se expresen, a fomentar o diálogo, a escoitar activamente e a empatizar con eles/as.


Comentarios