O BOTE DAS EMOCIÓNS

Quixera compartir convosco unha idea estupenda para tentar parchear a saudade que sentimos das nosas persoas queridas, mentres dura a corentena. A actividade consiste en que, no momento en que comeces a botar de menos a unha persoa querida, lle dediques un tempo no que fagas un debuxo, unha poesía, un pensamento, un vale por un bico, por unha aperta, o que ti queiras... e a metas nunha caixa ou nun bote co seu nome. Cando todo isto pase terás un agasallo único e estupendo para esa persoa a quen queres. Podes facer tantos botes como precises. Animaste? Fonte: Menud@s Maestr@s Vía: Orientación Oliveira - Guláns .