EMPEZAR PRIMARIA CON BO PÉ

O paso a Primaria supón para os vosos fillos/as un gran acontecemento. . Comeza unha etapa na que lles esperan certos cambios aos que se irán adaptando paulatinamente. É importante que afrontemos a mesma correctamente. Dende o colexio, queremos estar convosco neste proceso e con esta idea levamos a cabo unha serie de actuacións encamiñadas a conseguir unha mellor adaptación á nova etapa. Algunhas delas son: Reunións entre o profesorado de Educación Infantil e o primeiro curso de Educación Primaria. Visita dos nenos/as de sexto curso de Educación Infantil ás aulas de 1º de Primaria. Actividades conxuntas entre o alumnado de Infantil e primaria: Samaín, etc Reunión coa familias do alumnado que entra en 1º de Primaria o vindeiro curso. As seguintes pautas teñen a intención de facilitar a adaptación á nova etapa do voso fillo/a, para comezar Primaria con bo pé. Pincha aq uí para descargar as pautas en PDF Procurade vivir o cambio con calma, ...