PROBAS DE AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE 3º DE PRIMARIA
Educación convoca para os días 27 e 28 de maio as probas de avaliación individualizada de 3º de primaria establecidas pola LOMCE.
Avaliarase a competencia matemática así como a competencia en comunicación lingüística de xeito integrado en galego e castelán.
Segundo a información aportada pola Consellería, non se trata de medir os coñecementos do alumnado nas materias específicas, senón as súas destrezas nas áreas de comunicación lingüística e matemática.
Trátase dunha avaliación similar as probas diagnósticas que xa se viñan facendo ata o de agora cos alumnos de 4º de Primaria.
A proba non terá efectos no expediente académico do alumnado e servirá para mellorar a calidade educativa.
Os resultados das probas son de uso interno dos docentes, do alumnado e das familias.
En función destes resultados os equipos docentes artellarán plans individuais e colectivos para solventar as eivas que se detecten tanto a nivel xeral dun centro como a nivel particular dun alumno.
O vindeiro día 30 publicarase no DOG, aínda que xa se poden consultar as instrucións para realizar as probas no seguinte enlace:
Graciñas pola información, Natalia. Un bico.
ResponderEliminar