CAMPAMENTOS DE VERÁN ESPECÍFICOS PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE
A Consellería de Traballo e Benestar organiza uns campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade.
Permiten gozar, durante 10 días, dunha estancia socializadora e de convivencia, nun espazo lúdico, humano, integrador, formativo e seguro; mediante o desenvolvemento de actividades que este ano estarán dirixidas especialmente ao fomento de habilidades sociais, ao contacto coa terra, ao coñecemento da propia cultura e á educación para a saúde.
Esta actividade destínase as persoas que teñan recoñecida a condición de discapacidade, unha idade comprendida entre os 11 e os 40
anos e presenten calquera tipo de limitación e / ou
necesidade especial.
As datas dependen da idade do solicitante, posto que se lle asignará un grupo en función da mesma.
O prazo de solicitude está aberto ata o 10 de xuño de 2015.
Máis información no seguinte enlace.
Moitísimas grazas pola información, Natalia. Pásolla aos meus compañeiros do outro cole. Unha aperta e moi boa semana.
ResponderEliminar