Publicacións

INDICADORES PARA O DIAGNÓSTICO E ORIENTACIÓNS

Imaxe
No interesante blog Orientación Andújar atopamos un listado de materiais para o inicio de curso que poden ser moi útiles para responder ás demandas que, en moitas ocasións, acostuma a realizar o profesorado a principio de curso. Teñen a finalidade de dotar ao profesorado de instrumentos para detectar posibles dificultades. Entre outros podemos atopar indicadores para o diagnóstico e orientacións sobre os trastornos de espectro autista, trastornos de ánimo e psicóticos, trastornos do sono, trastornos da eliminación, outros trastornos (tics, movementos estereotipados, mutismo selectivo), problemas de conduta, disfuncións da percepción, disfuncións da atención, disfuncións da memoria, problemas de razoamento, trastornos do desenvolvemento psicomotor, trastornos da linguaxe oral, trastornos da linguaxe escrita, dificultades no cálculo, técnicas de estudio, altas capacidades, diabetes, epilepsia, alerxias, asma, síndrome de alport, síndrome de williams e síndrome de Prader Willi. ...

BECAS MEC PARA O ALUMNADO CON NEAE

Imaxe
O Ministerio de Educación publica hoxe no BOE unha resolución pola que se convocan axudas para o  alumnado con necesidade específica de apoio educativo no curso  académico 2012-2013. Estas axudas son para alumnos  con necesidades educativas especiais asociadas a discapacidade, a trastornos graves de conduta, incluido o TDAH , e a altas capacidades intelectuais . Deben cumprir  os requisitos xerais e económicos especificados na resolución.   Para solicitalas debedes cubrir o formulario accesible en internet na dirección www.educacion.es ou na sede electrónica do MEC no apartado de trámites e servizos . O prazo de presentación vai desde o 10 de agosto ata o 25 de setembro de 2012. Tedes que entregar o modelo de solicitude, cuberto e asinado,  no centro educativo onde o voso fillo vai realizar os estudos no curso 2012-2013 ou ben, se tedes certificado electrónico,  na sede electrónica do MEC . Podedes acceder a unha información máis deta...

FAMILIAS GALEGAS

Imaxe
A Consellería de Traballo e Benestar puxo en marcha un servizo en liña de información e asesoramento destinado ás familias galegas. No portal podedes atopar guías de recursos para as familias, información sobre axudas sociais, prestacións económicas, trámites, información sobre a adxudicación de prazas escolares, información sobre residencias de tempo libre...  Ademais abórdanse aspectos relacionados coa mediación familiar e a mediación intraxudicial e, no menú principal, aloxa un Gabinete de Orientación Familiar (GOF), que proporciona información e asesoramento gratuíto, por parte de profesionais, ás familias que o demanden. Iso si nunca dá directrices concretas sobre  pautas de comportamento, habilidades.... Neses casos tentará poñer ás familias en contacto co servizo correspondente. Trátase dun serzo anónimo no que só temos que indicar o sexo, a idade e o correo electrónico onde  desexamos recibir a posible contestación. A continuación vos deixo o enlace ao...

ENTENDER Y ATENDER AL ALUMNADO CON TDAH/TA

Imaxe
Recentemente o Departamento de Educación da Comunidade de Navarra regulou, a través dunha orde foral,  como debe ser o apoio que se preste ao alumnado con necesidades  específicas de apoio educativo debidas a Dificultades de Aprendizaxe ou a un Déficit de Atención e Hiperactividade. Nesta orde ínstase aos centros a incluir nos seus Plans de Atención á Diversidade como vai ser o apoio que require o alumnado con estas necesidades e a especificar nun plan de apoio específico as posibles adaptacións que se tomen a nivel curricular ou de avaliación. Por este motivo, o  Departamento de Educación do Goberno de Navarra publicou unhas guías para o profesorado, co fin de proporcionarlle unha información que lles permita "atender e entender" ao alumnado con Trastorno de Aprendizaxe ou con Déficit de Atención e Hiperactividade.  Nestes  documentos poderedes atopar información e pautas de actuación ante estas necesidades educativas de apoio específico.  Que sex...

COMUNIDAD TDAH

Imaxe
Nace Comunidad TDAH  , unha publicación multidisciplinaria do Grupo Editorial Sanitaria. Ten un formato dixital e  unha periodicidade mensual. Está destinada a aquelas persoas interesadas no mundo do Trastorno de atención con hiperactividade. Pretende ser un punto de encontro entre pacientes, familiares, profesionais e axentes implicados no TDAH. Un lugar onde teñan cabida as novidades e a información máis relevante sobre este trastorno, así como as posibles implicacións que poida  ter en todos os ámbitos coa finalidade de conseguir mellorar a calidade de vida das persoas que teñen TDAH e dos seus familiares e de axudar aos profesionais que traballan nese ámbito. A continuación vos deixo un enlace á páxina web

MIS PRIMEROS PASOS HACIA LA AUTONOMÍA

Imaxe
Este é o nome da nova publicación de Down España e a Fundación Pelayo. É unha guía, presentada en Málaga o pasado 23 de xullo, que pretende fomentar a autonomía dos nenos con síndrome de Down desde o seu nacemento, así como incidir na importancia que ten a estimulación temperá para acadar o máximo desenvolvemento das capacidades das persoas que teñen este síndrome. É importante que a atención temperá comece desde os primeiros días e se manteña ata os seis anos pois está comprobado que mellora o desenvolvemento de todas as capacidades da persoa tanto na infancia como na vida adulta. Ademais os beneficios da atención temperá tamén inclúen á familia do neno con síndrome de Down, posto que lles axuda a superar o impacto emocional inicial e lle ofrece pautas e  información que lle permiten enfrontarse mellor á educación dos seus fillos. Para descargar a guía, pincha aqui   

DIME QUE ME QUIERES

Imaxe
"El día que ya no esté, no necesitaré nada. No quiero nada a título póstumo. Por eso, he pensado que los homenajes, las flores, los premios, los halagos, las frases bonitas, los agradecimientos y un poco de tu tiempo, los necesito ahora". Así comeza o anuncio con que unha coñecida marca de refrescos e a Asociación Mensajeros de la Paz  conmemora o día 26 de xullo no que se celebra o Día dos Avós en España. Con este spot queren reivindicar o importante papel dos nosos maiores na sociedade e pretenden concienciar á sociedade respecto á figura dos avós para que se lles valore e reciban o respecto do seu entorno que se merecen Desde o noso blog unímonos á conmemoración e dedicamos esta entrada a todos os avós e avoas.  Querémosvos e sodes unha parte importante das nosas vidas!