FAMILIAS GALEGAS
A Consellería de Traballo e Benestar puxo en marcha un servizo en liña de información e asesoramento destinado ás familias galegas.
No portal podedes atopar guías de recursos para as familias, información sobre axudas sociais, prestacións económicas, trámites, información sobre a adxudicación de prazas escolares, información sobre residencias de tempo libre...
Ademais abórdanse aspectos relacionados coa mediación familiar e a mediación intraxudicial e, no menú principal, aloxa un Gabinete de Orientación Familiar (GOF), que proporciona información e asesoramento gratuíto, por parte de profesionais, ás familias que o demanden.
Iso si nunca dá directrices concretas sobre pautas de comportamento, habilidades.... Neses casos tentará poñer ás familias en contacto co servizo correspondente.
Trátase dun serzo anónimo no que só temos que indicar o sexo, a idade e o correo electrónico onde desexamos recibir a posible contestación.
A continuación vos deixo o enlace ao portal por si queredes facerlle unha visita.
Comentarios
Publicar un comentario
Non esquezas deixar o teu comentario