MIS PRIMEROS PASOS HACIA LA AUTONOMÍA

Este é o nome da nova publicación de Down España e a Fundación Pelayo. É unha guía, presentada en Málaga o pasado 23 de xullo, que pretende fomentar a autonomía dos nenos con síndrome de Down desde o seu nacemento, así como incidir na importancia que ten a estimulación temperá para acadar o máximo desenvolvemento das capacidades das persoas que teñen este síndrome.
É importante que a atención temperá comece desde os primeiros días e se manteña ata os seis anos pois está comprobado que mellora o desenvolvemento de todas as capacidades da persoa tanto na infancia como na vida adulta.
Ademais os beneficios da atención temperá tamén inclúen á familia do neno con síndrome de Down, posto que lles axuda a superar o impacto emocional inicial e lle ofrece pautas e  información que lle permiten enfrontarse mellor á educación dos seus fillos.

Para descargar a guía, pincha aqui
  

Comentarios