BECAS MEC PARA O ALUMNADO CON NEAE
O Ministerio de Educación publica hoxe no BOE unha resolución pola que se convocan axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo no curso académico 2012-2013.
Estas axudas son para alumnos con necesidades educativas especiais asociadas a discapacidade, a trastornos graves de conduta, incluido o TDAH, e a altas capacidades intelectuais .
Deben cumprir os requisitos xerais e económicos especificados na resolución.
Para solicitalas debedes cubrir o formulario accesible en internet na dirección www.educacion.es ou na sede electrónica do MEC no apartado de trámites e servizos.
O prazo de presentación vai desde o 10 de agosto ata o 25 de setembro de 2012. Tedes que entregar o modelo de solicitude, cuberto e asinado, no centro educativo onde o voso fillo vai realizar os estudos no curso 2012-2013 ou ben, se tedes certificado electrónico, na sede electrónica do MEC .
Podedes acceder a unha información máis detallada no seguinte enlace:
Ayudas para alumnos con necesidad específica de apoyo educativo 2012-2013
Para acceder á Resolución, pinchade no seguinte enlace:
Resolución de 2 de agosto de 2012 da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se convocan axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo do curso académico 2012-2013
Comentarios
Publicar un comentario
Non esquezas deixar o teu comentario