MALTRATO EMOCIONAL CARA UN NENO, NENA OU ADOLESCENTE

Infografía realizada polo Observatorio da Infancia en Andalucía no ano 2020. Nela exponse brevemente que é o maltrato emocional, visibilizando posibles condutas e interaccións destructivas cos menores que poden provocarlle danos psíquicos graves ou poñelos en risco de padecelo (Observatorio da Infancia en Andalucía, 2020).  


Accede ao documento en PDF pinchando na imaxe

En Galicia, para notificar posibles situacións de risco e maltrato a menores, existen as seguintes vías:
  • Servizos Sociais do propio Concello.

  • Consellería de Política Social e os seus respectivos Departamentos Teritoriais en cada provincia.


  • Liña de axuda á infancia 116 111:  servizo permanente e gratuíto, onde hai profesionais que prestan asesoramento e notifican inmediatamente a situación aos servizos que corresponda

Podes acceder a todos os teléfonos aquí.



Comentarios