PAUTAS PARA PREVIR O ABUSO INFANTIL
Dez pautas claras e efectivas para previr o abuso infantil e ensinarlle aos nosos fillos/as a detectar posibles situacións de abuso sexual, elaboradas por Nicolas Tupaz, redactor de @TrabHumanitario.
- Fala abertamente co teu fillo/a sobre o seu corpo, ensínalle o nome de cada unha das súas partes e delimita cales son as súas zonas íntimas, ás que só el/ela pode ter acceso.
- Ensínalle que o seu corpo lle pertence e faille saber que ninguén pode tocalo sen a súa autorización.
- Fálalle sobre o seu dereito para rexeitar un achegamento, unha caricia ou un bico co que senta incómodo/a, aínda que proveña dunha persoa próxima.
- Nunca lle obrigues a bicar, abrazar ou sentar xunto a alguén se non quere. Desta maneira, tamén lle ensinas que pode negarse a expresar o seu afecto cara a outra persoa se non quere facelo.
- Axúdalle a distinguir as formas de tocar “boas” e “malas”.
- Explícalle a diferenza entre os distintos tipos de segredos: os segredos que se gardan entre amigos e os segredos incómodos que sería mellor non gardar.
- Acláralle que ningún adulto debe pedirlle axuda para facer algo sen o permiso dos pais.
- Establece quen son as persoas nas que pode confiar. É moi importante que o neno/a coñeza a quen pode recorrer se se atopa ante unha dificultade ou ten un problema.
- Infórmalle sobre o abuso sexual. Cando o teu fillo ou filla sexa máis grande, podes falarlle sobre este tema, sen asustarlle nin recorrer a moitos detalles.
- Escóitalle sempre e incítalle a falar contigo. Desta maneira, estarás a fomentar a confianza, o cal lle axudará a contarche secretos que considera “íntimos” e a pedirche axuda se pensa que está nunha situación de risco.
Fonte: TrabajoHumanitario.org
Comentarios
Publicar un comentario
Non esquezas deixar o teu comentario