GUÍA DE ENSINANZA DO INGLÉS PARA ALUMNADO CON DISLEXIA E OUTRAS DEA

A Comunidade de Murcia editou a Guía de ensinanza do inglés para alumnado con dislexia e outras DEA. Nela pode encontrarse información xeral sobre a dislexia e como detectala,  orientacións metodolóxicas e técnicas para traballar o vocabulario e as catro destrezas principais: listening, speaking, reading e writing. 
Tamén aborda a avaliación e dá pautas para elaborar adaptacións curriculares e plans de traballo individualizado. Así como ofrece exemplos de actividades e bibliografía sobre o tema. 

Comentarios