PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRICULACIÓN DO ALUMNADO CURSO 2017 - 2018

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou con data de 1 de febreiro a Orde que regula o procedemento de admisión e matriculación do alumnado  de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacharelato para o curso 2017- 2018




Os alumnos/as que queiran  reservar praza para continuar os seus estudos nun centro adscrito (no noso caso IES "Lauro Olmo"poderán facelo entre o 1 e o 15 de febreiro.
Cubrirán o modelo de solicitude para reserva de praza e entregarano no centro de orixe (CEIP "Condesa de Fenosa"). 

Se tedes pensado continuar estudos noutro centro distinto ao adscrito teredes que esperar ao prazo de novas admisións.

O prazo de admisión e matriculación nun novo centro comezará o 1 de marzo e estenderase ata o día 20 do mesmo mes.

Entre as novidades que se introducen na lexislación que desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos para o curso 2017-2018, podemos destacar:

  • A admisión nun centro educativo para o curso 2017-2018, poderá solicitarse a través de Internet, mediante a aplicación "admisionalumnado".


  • As familias poderán cubrir a solicitude na aplicación, marcar os criterios do baremo polo que queiran que se lles valore, chegado o caso, e presentala de forma presencial no centro, ou ben por vía electrónica a través da propia aplicación.


  • O formulario normalizado estará  dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación admisionalumnado e tamén será facilitado nos correspondentes centros docentes.


  • A aplicación permite ás familias consultar o estado de tramitación das súas solicitudes en todo momento a través dun código que se xenera ao completar a solicitude que hai que introducir xunto ao DNI.


  • Adáptase o procedemento de admisión e matriculación á normativa actual de servicios de administración electrónica.


  • As familias tamén terán a posibilidade de non aportar documentación algunha á hora de tramitar a admisión no que a documentos elaborados polas Administracións públicas se refire. Autorizando o acceso a Educación, esta se encargará de consultar requisitos ou criterios de baremos como a declaración da renta, o enderezo fiscal, a discapacidade recoñecida pola Xunta ou a condición de familia numerosa. Esta información so se consultará naqueles casos nos que o número de solicitudes de admisión sexa superior ao de prazas ofertadas. 


  • Cando a familia se opoña a que a Administración consulte os datos, deberán acreditar documentalmente e de forma presencial o requisito ou criterio de baremo.


ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Anexo I: Reserva de praza

Anexo II: Documento de solicitude

Enlace a aplicación admisionalumnado

Comentarios

Publicar un comentario

Non esquezas deixar o teu comentario