ACTIVIDADES PARA MELLORAR A PRESIÓN DO LAPIS
Unha das habilidades necesarias para a escritura é executar unha adecuada presión sobre os instrumentos gráficos. Ás veces nos atopamos con que os nenos exercen demasiada presión e se cansan en seguida ou, pola contra, apenas realizan forza, polo que a súa grafía se ve deteriorada. A continuación presentamos unha serie de actividades encamiñadas a mellorar a presión e agarre dos instrumentos de escritura. Non se trata dun listado exhaustivo, pero si están moitas das que axudan a mellorar a presión notablemente. É importante procurar realizalas dun xeito regular e nunca durante máis de trinta minutos. Se nese espazo de tempo, non rematan a tarefa proposta, podemos deixala para outro día. É conveniente que sempre propoñamos unha meta que xustifique a realización da actividade, deste modo incrementaremos a motivación cara a tarefa proposta. Hai unha serie de actividades especialmente indicadas para traballar os problemas de presión: Recortar...