GUÍA PARA LA DETECCIÓN TEMPRANA

Guía para la detección temprana de discapacidades, trastornos, dificultades de aprendizaje y altas capacidades intelectuales, editada pola Consejería de Educación de Canarias, é un documento con cuestionarios e escalas de observación para pasarlle ao alumnado de infantil  4-5 anos e de 1º-2º curso de Primaria.
A finalidade desta guía é detectar de xeito temperán as posibles dificultades do alumnado para aprender e  facilitar a intervención co alumnado que as presenta co fin de ofrecer unha resposta educativa máis efectiva que contribúa a subsanar estes posibles problemas.
Aínda que está realizada acorde coa lexislación vixente na Comunidade Autónoma Canaria, moitos dos documentos poden ser aproveitables para o traballo orientador noutras comunidades.


Comentarios