9 de maio: Día de Europa

Aproveitando que hoxe se celebra esta efeméride déixovos o enlace da web Europa,  Zonainfantil.
Este  portal  ofrécenos pasatempos, información, xogos, actividades, vídeos e debuxos animados sobre a unión europea.
As actividades están pensadas para alumnado de idades comprendidas entre os seis e os dezaoito anos.  É un xeito ameno de achegar moitos contidos sobre os países europeos, o euro e moitas cousas máis ao noso alumnado.
Ademais a aplicación se presta para traballar de xeito autónomo na clase e tamén na casa.
Que os divirtades!

Comentarios