"DIFERENTES"

O pasado día  29 de maio, OHL e a Fundación Adecco presentaron en Madrid a guía ilustrada "Diferentes".
Esta publicación pretende explicar  aos nenos de entre catro e oito anos en que consiste a diversidade e faino dun xeito moi gráfico e visual, a través dos debuxos do ilustrador catalán, Miguel Gallardo e da terapeuta familiar e especialista en discapacidade, Angels Ponce.
Dá unha sinxela visión da diversidade e preséntaa como unha realidade que moitas veces non é fácil,  pero que sempre é enriquecedora. Dun xeito ameno e comprensible para os pequenos ofrece unha visión normalizadora e positiva, fronte a visión negativa e estereotipada que acostuma acompañar á discapacidade.
Non só é unha guía para nenos, tamén vale para os adultos, para facernos comprender  a todos que temos cousas en común e cousas que nos fan únicos e irrepetibles.
 A continuación deixo o enlace á guía.


DIFERENTES

Parte 1

Parte 2




Comentarios