Publicacións

PASO A 1º DE PRIMARIA

Imaxe
Como sabedes, no centro acostumamos realizar unha reunión para falar do paso de Infantil a Educación Primaria.  Con ela pretendemos acompañarvos nesta nova andaina, escoitar e, tentar de resolver, as posibles dúbidas que poidades ter. Cremos que ter unha información adecuada evita medos, incertidumes e tensións que podedes, sen pretendelo, transmitir aos vosos fillos/as. Na seguinte imaxe interactiva atoparedes  documentos e pautas con información, co fin de facilitar o coñecemento da nova etapa e a transición á mesma. 

BENVIDOS AO COLE! INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS DE NOVO INGRESO DE EDUCACIÓN INFANTIL

Imaxe
Benvidos ao cole!  Como cada curso, facemos a reunión coas familias de novo ingreso, que pretende ser unha  primeira toma de contacto co centro , así como proporcionar información que   resolva posibles dúbidas  que se vos poidan plantexar ante a escolarización dos vosos fillos/as e   transmitirvos unha serie de  recomendacións  para poñer en práctica durante o verán e facilitar así a entrada na escola. Sabemos que, por distintas circunstancias, non sempre é posible levar a cabo todas as suxerencias que vos facemos. Por iso, se o voso fillo/a se atopa nalgunha situación especial, non vos preocupedes, falaremos tan pronto se escolarice e tentaremos de atopar a solución máis adecuada. Cando escolarizades aos vosos cativos/as no colexio adquirimos un compromiso entre o centro e as familias, que ten como obxectivo traballar unidos cara unha meta común:  A EDUCACIÓN DOS VOSOS FILLOS E FILLAS

IMOS AO INSTITUTO: INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS E ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Imaxe
  O pasado 15 de xuño despedimos aos nosos alumnos e alumnas de sexto de Educación Primaria nunha fermosa  e emotiva festa de graduación. Nervios, tristura... pero tamén moita ilusión ante  a nova etapa que comeza . Desde o colexio, queremos acompañarvos na transición de  Primaria a Secundaria, por iso, ao longo do 2º e 3º trimestre deste curso, levamos a cabo unha serie de actividades que  forman parte do programa de transición a ESO, que se realiza conxuntamente co instituto ao que estamos adscritos: Visita do alumnado ao novo centro para coñecer as aulas, as instalacións etc. Reunión entre o equipo docente de 6º, a orientadora e a xefa de estudos do Instituto, co fin de coordinar o cambio de etapa. Charla no instituto dirixida ás familias coa finalidade de que obteñades toda a información que precisades (martes 27 de xuño, ás 19:00 horas). Mentres tanto, deixámosvos información co fin de facilitar o coñecemento da  nova etapa e a transición a Secundaria. Esperamos que vos sexa de ax

RECURSOS PARA ALUMNADO MARROQUÍ

Imaxe
  Recompilación de recursos para traballar nas aulas co alumnado de orixe marroquí

FAMILIAS VISIBLES

Imaxe
Familias visibles é un padlet elaborado polo mestre de Educación Infantil e Primaria Rubén García Hernández ( elmaestroruben) cunha selección de materiais para abordar a diversidade familiar.  A través de distintos contos pódense traballar na aula as distintas estruturas familiares desde una perspectiva tolerante, respectuosa e igualitaria.

PROTOCOLO DE PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS (VERSIÓN 2022)

Imaxe
Documento editado pola Xunta de Galicia no que se recompilan as cuestións normativas máis relevantes con respecto á protección de datos persoais nos centros escolares, así como se ofrecen modelos de cláusulas de información e autorización para ser usados nos centros. Este protocolo actualizarase regularmente con distintos cambios normativos que se produzan. Para acceder a el, pincha na imaxe

PROTOCOLO DE PREVENCIÓN E ACTUACIÓN NOS ÁMBITOS SANITARIO E EDUCATIVO ANTE O RISCO SUICIDA INFANTO-XUVENIL

Imaxe
  Actualización do Protocolo de prevención, detección e intervención do risco suicida no ámbito educativo do ano 2018, que inclúe novas estratexias que teñen como obxectivo abordar os malestares e o sufrimento psicolóxico e reducir o risco de suicidio da nosa poboación nos anos vindeiros. Para descargar o documento, preme aquí