Chegan as vacacións e con elas o aumento do tempo libre. Os nenos realizan multitude de actividades e, entre elas, increméntase o uso que fan de internet. Qué pasa en la vida virtual? é unha interesante guía, escrita por Patricia Arcos Sánchez et al, que pretende axudar as familias na intermediación e protección na rede dos menores. Con seguridade, a ningún de nós se nos ocorrería deixar sen protección a un neno ante un perigo da vida real. Normalmente estas situacións fanse máis patentes e intervimos inmediatamente. Estranaríanos moito que unha persoa descoñecida comezara a falar habitualmente cun neno ou mesmo que compartise fotos ou detalles da súa vida con el. Sen embargo, en ocasións, somos menos conscientes de que esas mesmas situacións danse con relativa frecuencia na "vida virtual". Que podemos facer os adultos para que iso non aconteza? En primeiro lugar ensinar antes que prohibir. Non se trata d...