QUE PASA NA VIDA VIRTUAL?

Chegan as vacacións e con elas o aumento do tempo libre. Os nenos realizan multitude de actividades e, entre elas, increméntase o uso que fan de internet.
Qué pasa en la vida virtual? é unha interesante guía, escrita por Patricia Arcos Sánchez et al,  que pretende  axudar as familias na intermediación e protección na rede dos menores.
Con seguridade, a ningún de nós se nos ocorrería deixar sen protección a un neno ante un  perigo da vida real. Normalmente estas situacións fanse máis patentes e intervimos inmediatamente.
Estranaríanos moito que unha persoa descoñecida comezara a falar habitualmente cun neno ou mesmo que compartise fotos ou detalles da súa vida con el. Sen embargo, en ocasións, somos menos conscientes de que esas mesmas situacións danse con relativa frecuencia na "vida virtual". Que podemos facer os adultos para que iso non aconteza?
En primeiro lugar ensinar antes que prohibir. Non se trata de que non lles deixemos acceder a determinados usos de internet, pero debemos dicirlle cal é o uso axeitado e cal non. Debemos facerlles conscientes das posibles situacións de perigo que o seu uso pode entrañar, igual que facemos noutros ámbitos da vida.
En segundo lugar facerlles saber que contan coa nosa absoluta confianza e que sempre estamos aí, especialmente, cando necesiten a nosa axuda.
E, en terceiro lugar, pero non menos importante non quedarnos ao marxe de internet. Procurar "falar o mesmo idioma" que os nosos fillos, aínda que non o falemos tan fluidamente como eles.
O presente documento aborda moitos temas de interese para as familias e tamén para o profesorado: consellos xerais, consellos que os adultos deberían dar aos nenos sobre o uso de internet, sinais de alerta de que algo vai mal, usos habituais de internet e problemas que poden derivarse deses usos, como actuar ante ditos problemas...
En palabras das propias autoras a guía pretende dar "formación e información para a mediación familiar en internet".

Pincha aqui para descargar a guía









Comentarios