O PASO DE 6º A 1º DE ESO
Hoxe, día 27 de maio, o profesorado titor dos sextos, a coordinadora do 3º ciclo e a orientadora temos unha reunión coas familias do alumnado de sexto, co fin de informalas sobre a nova etapa que comezan os seus fillos.
Charlaremos sobre os cambios que se producen na adolescencia, sobre o cambio de etapa educativa, as características da mesma e ofreceremos pautas orientativas para afrontar esta nova etapa con tranquilidade e optimismo.
Por si acaso non podedes acudir á charla, déixovos unha presentación que resume os temas máis importantes tratados na reunión.
Para saber máis:
- Guía de orientación: De 6º a 1º
- Adolescentes: Guía para padres y madres
- Los porqués del adolescente
- El paso a la secundaria
- Páxina web do IES "Lauro Olmo", centro ao que está adscrito o CEIP "Condesa de Fenosa".
Comentarios
Publicar un comentario
Non esquezas deixar o teu comentario