16 DE NOVEMBRO: DÍA DA TOLERANCIA


O 16 de novembro de cada ano celébrase o Día Internacional para a Tolerancia. A tolerancia é a capacidade de aceptar e  respectar unha forma de ser, de pensar e de vivir distinta á propia.
Un individuo tolerante acepta a diferencia e, ademais, considera a mesma como algo que lle enriquece como persoa.
Nos centros educativos intégranse de xeito natural nenos e nenas doutras razas, con distintas capacidades, culturas e creenzas. Na escola existen nenos e nenas moi diferentes entre si: altos, baixos, gordos, flacos, con lentes, que aprenden máis lento, que aprenden máis rápido, tímidos, abertos, que son doutro país, con distintas situacións económicas, con familias diversas, que son doutra raza, que non falan ben, que lles gusta o fútbol, que non...
Precisamente debido a esa diversidade prodúcense moitos dos conflitos, porque, xa se sabe, é máis fácil falar de tolerancia que practicala.
Cando te burlas dalguén porque é diferente, cando discriminas ou exclúes porque a outra persoa non é coma ti,  estás sendo intolerante.




Entre as cousas que podemos facer para ensinar aos


 nenos e nenas a ser tolerantes están:


  • Educar co exemplo. Non podemos pedirlle que sexan tolerantes si continuamente nos escoitan opinións e pensamentos racistas ou pexorativos cara a persoas distintas a nós.
  • Eliminar do noso vocabulario insultos ou comentarios despectivos cara aos que son distintos a nós.
  • Escoitar as súas opinións e pedirlle que tamén o fagan eles  cos demais.
  • Axudarlles a sentirse respectados e valorados.
  • Ensinarlles a non burlarse dos demais.
  • Ensinarlles a respectar as diferenzas.
  • Ensinarlles a non xulgar aos demais pola súa apariencia.
  • Contarlles contos e historias que teñan como valor fundamental a aceptación e o respecto aos demais.
  • A través de xogos, libros, películas...
  • Ensinarlles a compartir.
  • Ensinarlles a arranxar os problemas a través do diálogo e sen pelexar.
  • Evitar transmitirlle tópicos e ideas preconcibidas.
  • Procurar que coñezan distintas culturas, hábitos e formas de vida.
  • Ensinarlles a chamar aos demais polo seu nome e non polo mote.
  • Darlle oportunidades para que xoguen e  se relacionen con todo tipo de nenos, sen discriminar a ningún.



Enlaces para traballar na escola


101 ideas para la tolerancia




Comentarios