14 DE NOVEMBRO: DÍA MUNDIAL DA DIABETES






O vindeiro 14 de novembro celébrase o Día Mundial da Diabetes.
O motivo desta celebración é concienciar á poboación sobre un dos trastornos metabólicos máis frecuentes entre persoas adultas e  poboación infantil.
A campaña deste ano fai fincapé na urxente necesidade de protexer a saúde das futuras xeneracións.
Educar, atraer e capacitar ao público en xeral sobre a diabetes son os obxectivos  claves deste ano.
Debido a que é unha enfermidade que, cada vez, ten maior incidencia na poboación infantil e, polo tanto, cada vez máis frecuencia nas escolas, faise necesario un maior coñecemento por parte de todos os membros da comunidade educativa sobre esta doenza.

Ter diabetes non debe impedir que os nenos realicen as actividades propias da súa idade, pero será necesario ter a información suficiente para evitar situacións de risco ou situacións excluíntes por mor da enfermidade.
A continuación se ofrece unha selección de enlaces sobre a diabetes, os seus coidados  e a escolarización dos alumnos con esta doenza. Espero que vos resulte de utilidade.


                         
                     Accede ao cartel 1                                                                              Accede ao cartel 2








Coñece os sintomas da diabetes. Díptico con información sobre os síntomas da enfermidade







A diabetes pódese previrtriptico con material informativo e de sensibilización


A diabetes en nenos e adolescentesespazo para os máis xoves da Fundación para a diabetes 







Fundacion para a diabetes: entidade sen ánimo de lucro de carácter privado  coa finalidade de contribuír á prevención e tratamento da diabetes e as súas complicacións, así como á mellora da calidade de vidas das persoas con diabetes






Carta internacional de dereitos e deberes das persoas con diabetes

Carta de dereitos para nenos con diabetes na escola


Coñece a diabetes infantil: artigo de Eroski Consumer sobre esta enfermidade




Normas básicas de actuación ante nenos e nenas con diabetesNormas e consellos do Goberno de Navarra




O rincón de Carol espazo  mediante o que a Fundación para a Diabetes pretende dar a coñecer a diabetes tipo I no entorno escolar e evitar as posibles situacións de discriminación cara ao neno con esta doenza



Materiais pedagóxicos do Rincón de Carol:

Curtametraxe




Animacións didácticas: videos con información sobre as células, que é a insulina, canta se necesita...
É necesario flvplayer para velos (se non o tes instalado, pode descargarse desde aqui)

Fichas didácticas

Todo este material recóllese nun CD interactivo que se pode conseguir nas consultas de Endocrinoloxía Pediátrica, ademais consta dun libreto do cd: Carol ten diabetes


Ficha do escolar con diabetes: interesante ficha do Gobierno de Aragón que ten como obxectivo facilitar a integración do escolar cunha enfermidade crónica no centro educativo



O neno con diabetes na escola: información para o profesorado do Hospital Sant Joan de Déu



Acaban de dicirche que tes diabetes: libro, editado por laboratorios Roche, dirixido a persoas con diabetes. O seu autor é Iñaki Lorente, psicólogo e diabético. Especialmente pensado para as persoas que están pasando polos primeiros momentos dun  diagnóstico









A alimentación dos teus nenos con diabetes: adaptación do libro "La alimentación de tus niños", publicado pola Axencia Española de Seguridade Alimentaria, centrado na alimentación na diabetes






Festas de aniversario: lista cos alimentos máis típicos dunha festa de aniversario que indica o contido en racións de  hidratos de carbono por unidade de consumo. Ten a finalidade de adaptar as doses de insulina ao que se consuma na festa

















Guía para o móbil sobre diabetesAplicación gratuíta para dispositivos móbiles de Apple destinada a axudar a pacientes diabéticos. Pronto estará dispoñible para outros sistemas operativos





Os contos de BorjaColección de contos orientada especificamente a nenos e nenas con diabetes de 6 a 11 años, Editados por Bayer HealthCare en colaboración co psicólogo Iñaki Lorente coa finalidade de axudalos a comprender mellor a súa condición






O que debes saber sobre a diabetes na idade pediátrica: documento escrito por varios profesionais sanitarios destinado aos nenos con esta doenza e as súas familias










Diabetes Tipo 1 e deporte: libro de Serafín Murillo para nenos, adolescentes e adultos xóvenes distribuído por SANOFI Diabetes (2012). Dá unha serie de pautas para adaptar a práctica deportiva cando se padece diabetes







Vídeos con información sobre que sucede na diabetes



Os nenos con diabetes na escola: video de guiainfantil.com no que Beatriz García Cuartero,  endocrinóloga infantil do Hospital Severo Ochoa (Madrid), fala das dificultades da incorporación á escola despois dun diagnóstico de diabetes





Caillou coñece a diabetes: capítulo desta serie na que Caillou se entera de que unha compañeira súa ten diabetes




Lenny explica a diabetes



Como solucionar a hipoglicemia? 

Comentarios