ARABOARD 2.0

Desde a páxina de ARASAAC seguen empeñados en facilitarnos as cousas. 
Este infatigable equipo acaba de sacar unha nova versión 2.0. de Araboard para PC e Android.
Así que estamos de sorte!. Si xa estabamos contentos coa versión anterior, agora  podemos engadirlle novas e interesantes funcións que permiten personalizar máis os taboleiros:

  • Posibilidade de sacar fotos desde a webcam do PC ou da cámara do smartphone e insertalas no taboleiro.
  • Posibilidade de grabar a nosa voz a través do micrófono ou de cargar arquivos mp3.
  • Posibilidade de convertir os taboleiros de comunicación a formato PDF e, incluso, de imprimilos.

Para descargar a versión PC, pincha no enlace. En canto a versión Android, debes descargala a través de Play Store.
Si queredes consultar o manual, aqui vos deixo as primeiras entradas: manual I, manual II e manual III, manual IV, manual V, manual VI
Si queredes información máis detallada, premede no enlace do blog de J.M. Marcos: Informática para Educación Especial

Por último dar a noraboa aos compoñentes de ARASAAC que consiguen facilitar a vida de tanta xente a través do seu traballo



Comentarios