Publicacións

GUÍA BREVE SOBRE O SÍNDROME DE ASPERGER (TRASTORNO DE ESPECTRO AUTISTA)

Imaxe
A Asociación Asperger Granada  editou unha interesante guía sobre o Síndrome de Asperger, realizada pola psicóloga da asociación Tamara García Lázaro . Nela abórdase que é o síndrome de Asperger, as súas características principais, pautas de actuación segundo  a idade da persoa con este síndrome e varios aspectos que poden resultar de interese. Para acceder á guía pincha aquí Vía: La botica del orientador

GUÍA PARA ENTENDER A DISLEXIA

Imaxe
Nova guía actualizada sobre esta condición neurobiolóxica, realizada por Madrid con la dislexia  coa colaboración de Julián Palazón López , que participou na revisión do documento. Está enfocada ás familias e aos profesionais da educación. Para acceder a ela, pincha na imaxe.

PROTOCOLO PARA A ATENCIÓN EDUCATIVA AO ALUMNADO CON DISCAPACIDADE AUDITIVA

Imaxe
Protocolo para a atención educativa do alumnado con discapacidade auditiva publicado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria . Ofrece información clave sobre a perda auditiva,  sobre o proceso de detección e diagnóstico e sobre a intervención educativa, describindo  as necesidades educativas do alumnado con discapacidade auditiva, as   medidas educativas para atender este alumnado e a planificación da intervención educativa a nivel de centro, de aula e na familia.  Tamén ofrece orientacións para o emprego dos distintos recursos e axudas técnicas,   así como pautas para a sensibilización da comunidade educativa,  a avaliación do alumnado con discapacidade auditiva e bibliografía sobre o tema.

GUÍA METODOLÓXICA SOBRE DIFICULTADES DE APRENDIZAXE

Imaxe
Guía editada pola Consellería de Educación da Rexión de Murcia que ofrece ao profesorado e ás familias que teñen nenos/as con dificultades específicas de aprendizaxe, estratexias e recursos para poder axudar a estes nenos/as a aprender dun xeito o máis cercano posible ao seu verdadeiro potencial de aprendizaxe. Pincha na imaxe para acceder ao documento

GUÍAS SOBRE DIFICULTADES ESPECÍFICAS

Imaxe
Guía sobre Dificultade Específica da Aprendizaxe da Lectura para a Comunidade Educativa e anexo con orientacións para as familias , editadas pola Consellería de Educación da Generalitat Valenciana. Guía sobre Dificultades Específicas na Linguaxe e Comunicación para a Comunidade Educativa

GUÍA ALTAS CAPACIDADES INTELECTUAIS

Imaxe
Guía de Altas Capacidades orientada á comunidade educativa editada pola Consellería de Educación da Generalitat Valenciana.

GUÍAS TDAH PARA A COMUNIDADE EDUCATIVA

Imaxe
Guías sobre TDAH editadas pola Consellería de Educación da Generalitat Valenciana. TDAH: Guía para a comunidade educativa TDAH: Guía para a atención educativa nos ciclos formativos de Grao Medio