Publicacións

"DIFERENTES"

Imaxe
O pasado día  29 de maio, OHL e a Fundación Adecco presentaron en Madrid a guía ilustrada "Diferentes". Esta publicación pretende explicar  aos nenos de entre catro e oito anos en que consiste a diversidade e faino dun xeito moi gráfico e visual, a través dos debuxos do ilustrador catalán, Miguel Gallardo e da terapeuta familiar e especialista en discapacidade, Angels Ponce. Dá unha sinxela visión da diversidade e preséntaa como unha realidade que moitas veces non é fácil,  pero que sempre é enriquecedora. Dun xeito ameno e comprensible para os pequenos ofrece unha visión normalizadora e positiva, fronte a visión negativa e estereotipada que acostuma acompañar á discapacidade. Non só é unha guía para nenos, tamén vale para os adultos, para facernos comprender  a todos que temos cousas en común e cousas que nos fan únicos e irrepetibles.  A continuación deixo o enlace á guía. DIFERENTES Parte 1 Parte ...

LOS COLORES DE LAS FLORES

Imaxe
"Los colores de las flores" é un emotivo e fermoso video realizado por JWT Madrid como parte da campaña da ONCE a  favor da inclusión educativa. Nel nárrase a historia de Diego, un neno escolarizado no colexio do seu barrio que un día debe enfrontarse a unha tarefa que supera grazas ao seu interese e imaxinación e  coa axuda dos seus iguais, da súa familia  e do profesorado. O audiovisual pretende amosar como é  a realidade destos alumnos dentro das aulas. Por iso os protagonistas deste vídeo  non son actores, senón persoas reais. Pretende sensibilizar á poboación sobre o feito de que as persoas con discapacidade visual deben escolarizarse nos centros educativos ordinarios, que deben integralos, á vez que dar respostar as súas necesidades específicas.  Este video é o gañador do premio AMPE (As ociación de Medios Publicitarios de España) do ano 2012.

O MAIOR PORTAL DA EDUCACIÓN ESPECIAL

Imaxe
Páxina que pretende recompilar todos os recursos relacionados coa Educación especial que podemos atopar na rede. É un portal independente sen ánimo de lucro con recursos e enlaces gratuítos, posto que o creador deste blog aboga pola erradicación especulativa no sector da discapacidade. Posúe unha base de datos con máis de oitocentas entradas sobre síndromes minoritarios. Pincha na imaxe para acceder á páxina.

CESC: CONDUTAS E EXPERIENCIAS SOCIAIS NA CLASE

Imaxe
CESC (Conductas y Experiencias Sociales en Clase)  é un cuestionario que pon a nosa disposición a Rede de Orientación Provincial de Málaga para avaliar as relacións entre iguais dentro da aula. Serve para realizar sociogramas e obter un mapa relacional da clase que nos permita axustar a nosa intervención. Está pensado para utilizarse co alumnado desde oito ata catorce anos. Na páxina hai instrucións con información sobre o seu uso, corrección e interpretación.    

"DELHUYANDO" POLOS DEMAIS

Imaxe
No blog de Fernando Navarro atopei esta interesante guía sobre o alumnado axudante, publicada por Fermín Izquierdo da Rioja. Nela desenvólvese un completo programa de formación do alumnado que quere realizar o labor de acompañamento entre iguais, que quere "delhuyar" polos demais. Con este manual de instrucións preténdese que o alumnado mediador aprenda a observar, a empatizar, a escoitar activamente co obxectivo último de resolver os problemas. Este programa do IES "Hermanos D'el Huyar" de Logroño foi o primeiro premio do Concurso de Boas Prácticas Educativas, organizado polo ministerio de Educación,  na modalidade de secundaria. A guia busca fomentar a convivencia a partir da formación do alumnado para crear unha rede de apoio destinada a aquelas persoas que teñan maiores dificultades. Déixovos un enlace á mesma.

AVALIACIÓN DA COMPETENCIA DIXITAL DOCENTE

Imaxe
A Junta de Castilla y León dentro do seu Plan de Formación pon á disposición dos docentes da súa comunidade (Rede XXI ) un cuestionario para avaliar a competencia dixital do profesorado. Consta de catro partes e, unha vez rematado, nos indica o nivel no que estamos (inicial, medio ou avanzado). Ademais suxire posibles actividades de formación. Aínda que está pensado para unha determinada comunidade é extrapolable para usar por calquer docente que pretenda autoavaliarse neste ámbito e tomar as medidas oportunas para mellorar a súa práctica educativa. Plan de Formación del Profesorado (Red XXI)

LETRAS GALEGAS 2012

Imaxe
As nosas letras están de festa e para celebralo nos colexios estanse a realizar unha chea de actividades sobre a figura de Valentín Paz Andrade. A continuación preséntanse  os enlaces aos traballos e actividades de distintos centros recollidos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística na páxina de Bibliotecas Escolares LIM sobre Valentín Paz Andrade. CEIP Condesa de Fenosa (O Barco, Ourense) Liña do tempo de Valentín Paz Andrade  . CEIP Condesa de Fenosa (O Barco, Ourense) Telexornal Paz Andrade realizado no CEIP Dices (Rois) Actividades Letras Galegas. CEIP Mestre Valverde Mayo (Mos, Pontevedra) Selección de recursos para as Letras Galegas 2012. CEIP Frián-Teis (Vigo, Pontevedra) Valentín Paz Andrade, home da cultura galega. CEIP Rosalía de Castro (xinzo da Limia, Ourense) Letras Galegas 2012: Valentín Paz Andrade. IES Concepción Arenal (Ferrol, A Coruña) De Rosalía a Paz Andrade. IES Torrente Ballester (Pontevedra) Webquest Valent...