SAMAÍN DE MEDO
Dentro duns días no noso cole pasarémolo "de medo" celebrando o Samaín.
Algunhas ideas para traballar o medo na clase son:
Pero con tanta cabaza, tantos esqueletos, tantos monstros e tantos sustos... a algúns nenos amedréntalle un pouco esta celebración.
Así que, de novo dende a Comisión Pedagóxica do centro, recordámosvos que sería conveniente traballar o medo en todas as aulas, porque o medo non é só cousa de pequechos.
Todos nós sentimos temor nalgunha ocasión. É unha emoción básica e natural que necesitamos para sobrevivir. Ter certo grao de medo, fainos ser precavidos Protéxenos dun perigo ou dunha ameaza real para a nosa integridade. Permite que nos poñamos en garda para tentar de facerlle fronte a unha situación.
Pero hai outro tipo de medo que non nos preserva dos perigos, que non é util para nós. É un sentimento irracional que nos paraliza e non nos deixa disfrutar da vida cotián. Leva parello unha resposta desproporcionada ante un determinado estímulo e nos converte en prisioneiros, sen deixarnos facer aquelo que queremos. Este é o tipo de emoción que debemos aprender a controlar e superar.
Os medos infantís forman parte do desenvolvemento evolutivo. Para superalo, os nenos deben ir gañando confianza en sí mesmos. A festa do Samaín pode ser un bo momento para traballar o medo co fin de que poidan disfrutar desta celebración e vivila como unha divertida experiencia.
Algunhas ideas para traballar o medo na clase son:
- Tomar conciencia dos nosos propios medos. Falar deles e verbalizalos ante todo o grupo.
- Falar das sensacións que sentimos cando temos medo: súor, temblor, tensión...
- Normalizalo. Todos temos/tivemos medo nalgunha ocasión.
- Recordar como superamos antigos medos.
- Investigar sobre as cousas ás que lle temos medo.
- Facer enquisas ou un conto viaxeiro no que os adultos falen sobre a que teñen/tiñan medo e que fan/fixeron para vencelo.
- Dramatizar relatos nos que algunha persoa vence o seu medo, buscándolle o lado divertido a situación.
- Ler contos nos que o protagonista supera o medo (Ver Los miedos infantiles en la literatura para niños).
- Debuxar/Escribir os nosos medos e metelos na caixa "comemedos".
- Facer un pequeno libro, unha presentación... cos medos de todos os nenos da clase.
- E por si non se vos ocorren outras ideas, aquí tedes:
- O enlace do obradoiro "Traballar as emocións: o medo" do Equipo da Biblioteca do CEIP Quintela-Moaña.
- E tamén dous taboleiros de Pinterest, picade na imaxe para acceder a eles:
Medos infantís
Samaín
E que podemos facer na casa?
- Identificar o que lle produce temor.
- Falar dos medos, insistindo en que son un sentimento natural.
- Respectar os sentimentos do noso fillo e escoitalo activamente.
- Non rirse de el nin menospreciar o que sinte.
- Non abandonalo ante o seu medo. Estar sempre dispoñibles para darlle afecto e seguridade co fin de que, paulatinamente, vaia superando o mesmo.
- Non facer comentarios negativos sobre o seu sentimento.
- Non ridiculizalo por sentir medo nin reñerlle ou castigalo.
- Non reforzar a conduta.
- Axudalo a que o verbalice, empatizando co que pode estar sentindo.
- Non negar o seu medo con frases como: "Iso é unha tontería", "Como vas ter medo de...?" . Para el é unha vivencia moi real.
- Demostrarlle que temos confianza en que pode superalos.
- Facer fincapé en que lembre como superou medos antigos.
- Normalizar a situación e non magnificala.
- Falarlle de que nós tamén tivemos medo e de como o superamos.
- Non utilizar os seus medos para controlalo ou castigalo: "si te portas mal, ven o..."
- Evitar sobreprotexelo.
- Fomentar a sua autonomía e a súa independencia. Baixo os medos sempre acostuma haber certa inseguridade.
- Fomentar que asuma pequenas responsabilidades según as súas posibilidades.
- Non forzalo a facer o que teme. Avanzar con calma e sentido común.
- Controlar o que ve na televisión.
- Amosar unha actitude tranquilizadora e positiva.
- Procurar non transmitirlle os nosos propios medos.
- Contar contos.
- Reforzar as condutas libres de medo.
- Poñer nun papel os seus medos e metelos dentro dunha caixa. Atala cunha corda e ben pechada gardala onde el queira. Isto procuraralle certa sensación de control.
"O medo chamou á porta.
A confianza contestou"¿Quen é?"
A confianza contestou"¿Quen é?"
E o medo desapareceu".
Proverbio chinés

Comentarios
Publicar un comentario
Non esquezas deixar o teu comentario