IN MEMORIAM
José botoulle un pulso á vida. Un pulso que durou 14 anos, contra todo prognóstico.
Foi moito o que recibiu de todas as persoas que o queríamos, pero moito máis o que nos ensinou a todos aqueles que compartimos parte da súa vida.
Ensinounos a mirar o mundo a través dos seus ollos, a que para comunicarse non é necesario falar, a aceptar, compartir e convivir coa "diferenza", clave na construcción dunha sociedade máis xusta e progresista.
Así que temos moito que agradecerlle porque, sen pretendelo, fíxonos a todos máis grandes.
Ninguén como David, o noso compañeiro e particular escritor, para expresar con palabras o sentir da comunidade educativa e para explicarnos por que o noso José non se foi de todo, aínda que xa non estea aquí.
Así que temos moito que agradecerlle porque, sen pretendelo, fíxonos a todos máis grandes.
Ninguén como David, o noso compañeiro e particular escritor, para expresar con palabras o sentir da comunidade educativa e para explicarnos por que o noso José non se foi de todo, aínda que xa non estea aquí.
"Ola Xosé:
Esta mañá, ao chegar ao cole, escoitamos que te foras.
Non é verdade, asegúrocho. Non é verdade.
Non pode selo, xa que todos e todas te levaremos moi dentro por máis tempo que pase.
A maior parte dos mestres, mestras, compañeiros e compañeiras compartimos contigo unha morea de momentos agradables e fomos testemuñas dos teus primeiros pasos, cara adiante e outras veces cara atrás; das primeiras veces que subiches ao escenario cos teus compañeiros e compañeiras, dos moitos aplausos que lle dabas á vida, e ao agarimo que che amosou todo o colexio.
Aínda que a túa cadeira estea baleira en aparencia, , e só froito da imaxinación porque ti estás sentado nela para sempre disposto a coller as nosas mans e enredar con elas na túa boca.
O oco que deixas será moi pequeno, tanto coma ti porque temos recordos abondo para enchelo a cada momento.
Non é certo Xosé, que marchaches … porque seguirás estando con nós e das mans das túas coidadoras, saudarémoste todas as mañás".
David D. Vázquez
Comentarios
Publicar un comentario
Non esquezas deixar o teu comentario