Recompilación con algún recursos para traballar nas aulas o Día da Muller e a nena na Ciencia! Data mediante a que se reivindica o acceso e a participación plena e en igualdade das mulleres e as nenas neste sector.
"La primavera silenciosa" de Rachel Carson, vídeo divulgativo: o Museo de Ciencias Universidade de Navarra impulsou o proxecto “A muller na ciencia”, cuxo obxectivo é dotar ás nenas que queiran seguir unha carreira científica, de referentes femininos a través dunha serie de pequenos vídeos divulgativos coa biografía de científicas relevantes no seu campo pero que resultan descoñecidas para o público xeral. En concreto, este vídeo fala de Rachel Carson, pioneira do movemento ambientalista. A miña científica preferida: obra colaborativa de distintos alumnos/as para poñer de relevo o traballo das mulleres na ciencia ao longo do tempo. Elas fixeron historia: libro dixital publicado pola Subsecretaría de Ciencia, Innovación e Universidades con iñustracións e unha pequena reseña bibliográfica de diversas mulleres investigadoras, innovadoras e académicas. #NO MORE MATILDAS: campaña da Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas que busca combater o "efecto Matilda, como se deu en chamar o prexuízo para recoñecer o traballo das mulleres científicas que se ven relegadas ao olvido e incluso ven como os seus méritos se atribúen aos seus colegas masculinos.
Comentarios
Publicar un comentario
Non esquezas deixar o teu comentario