DECÁLOGO POR UN XOGO IGUALITARIO E NON VIOLENTO

Quixera compartir convosco un interesante material da campaña de adquisición e uso de xoguetes non sexistas e non violentos que realiza a Deputación de Pontevedra desde o ano 2015.

Pretende concienciar á sociedade e tamén aos Reis Magos de que elixan xoguetes desde a cultura de paz, adoitando ademais unha perspectiva coeducativa e igualitaria.

Descarga o documento aquí

Os xoguetes non teñen sexo, non son per se nin de nenos nin de nenas, por iso debemos procurar que lles axuden a desenvolver as súas capacidades e que non limiten as súas preferencias en función do seu sexo.

Calquera iniciativa que fomente unha sociedade sen xenofobia e violencia e que loite pola igualdade entre xéneros é benvida!

Comentarios