domingo, 22 de marzo de 2020

CONTOS PARA TEMPO DE CORONAVIRUS #quedamos na casa

Os libros axudan a entender mellor a nosa contorna, a nós mesmos e, en definitiva, a vida. Ademais serven de catalizadores que permiten aflorar as emocións e facilitan a aprendizaxe de estratexias de afrontamento en determinados temas. Axúdanlles a poñer nome ao que senten e  a verbalizar situacións que, ao mellor, doutro modo non saberían expresar.
Coa finalidade de axudar a brotar as emocións que os nosos pequenos/as poidan sentir ante a situación orixinada pola pandemia provocada polo COVI-19, aquí tendes unha recompilación de contos infantís sobre o coronavirus que podedes descargar pinchando nas imaxes. 
Son moitas as iniciativas que tentan responder a través da literatura ás inquedanzas dos máis cativos/as sobre o tema do coronavirus e as súas implicacións. Todas elas fano dun xeito altruísta, pois os seus autores/as difundíronas gratuitamente a través das redes sociais,  para que estean o alcance de todas as familias. Algúns destes contos están publicados en distintos idiomas.

Bailaremos bajo una estrella: conto infantil escrito por Fernanda Rodríguez Muguruza e ilustrado por Eva Ramí. Segundo explica na contraportada do libro trata de brindar información acerca da prevención do COVID-19 e transmitir á vez unha mensaxe de esperanza e valor á vida a través dunha mirada de reflexión.


Las manos de José: conto con pictogramas sobre o lavado de mans publicado pola organización  Aprendices Visuales. A parte do conto dixital gratuíto, hai unha aplicación interactiva, un vídeo e unha secuencia de lavado das mans para pegar no baño.




Rosa contra el virus: libro publicado en formato digital  pola editorial Sentir e o Colegio Oficial de la Psicología de Madrid, que explica que son os virus e promove hábitos adecuados para combatelos. Tamén ten un apartado de recomendacións para os proxenitores.


Coroavirus: texto de Víctor Espiga, ilustrado por Josep Giró, que axuda a explicar aos nenos/as e a algúns adultos/as a importancia do confinamento para axudar a controlar o COVID-19.


Coronavirus no es un príncipe (ni una princesa):libro escrito por María Coco, coordinado por María R. Coco e ilustrado por Sara Ramírez que aborda o tema do coronavirus dun xeito intelixible para os nenos/as. Tamén ofrece pautas para aprender a controlar a propagación do virus.


"Hola! Soy el coronavirus": libro publicado por Manuela Molina para os nenos/as menores de sete ano. Segundo a autora o conto pretende validar as emocións dos pequenos/as, axudarlle a procesalas e reiterarlles que os seus adultos coidadores manteranos seguros.






El virus con corona:  conto publicado polo Centro Pasito a pasito, que procura explicar o coronavirus nunha linguaxe clara e sinxela e facerlles entender o motivo das medidas establecidas polo goberno e a necesidade de cumprilas.



El rey del momento: conto en verso para nenos/as, que inclúe actividades de comprensión, escrito por Marisa Alonso. Explica dun xeito divertido e sinxelo que é o coronavirus e como podemos previr o seu contaxio.


El escudo protector contra el rey virus: conto escrito por Guadalupe del Canto que conta cun protagonista, o rei Virus, que pretende expandir o seu reino, para o que sobe a un avión e comeza a infectar á xente.



¿Qué pasa en el mundo? Un cuento para pequeños (y no tan pequeños) sobre el coronavirus: conto escrito por Nacho Palacios e ilustrado por Leo Nieves que tenta explicar aos nenos/as a situación pola pandemia do coronavirus, dá ferramentas para enfrontalo e transmite unha mensaxe de esperanza.



Misión: quedar na casa: conto coloreable, publicado por Dalmau Oliveras, que pretende servir de axuda ás familias así como entreter aos nenos/as á vez que traballa a importancia de non saír á rúa durante estes días. A que compartimos no blog é  a versión en galego, traducida por Cristina Delgado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Non esquezas deixar o teu comentario

divpinterest