PROTOCOLO DE ATENCIÓN EDUCATIVA AO ALUMNADO CON ALTAS CAPACIDADES INTELECTUAIS

Protocolo de atención educativa ao alumnado con altas capacidades intelectuais , publicado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Segundo se explica no propio documento, o texto consta de nove epígrafes, empezando pola introdución. Na segunda epígrafe reseña a inclusión educativa, principio do sistema educativo que garante a equidade e normaliza a diversidade. Na terceira epígrafe ofrece información clave sobre o concepto das altas capacidades intelectuais e fai referencia aos mitos que seguen a existir sobre este alumnado. Na cuarta epígrafe desenvólvese o proceso de identificación do alumnado con altas capacidades. Na quinta abórdase a intervención educativa e bríndanse orientacións ao centro educativo, á aula e apórtanse unha serie de medidas educativas ordinarias e extraordinarias dirixidas ao alumnado con esta condición desde unha perspectiva inclusiva, así como dánse pautas ás familias do alumnado e indicacións para a avaliación curricular e seguime...