ACOSO ESCOLAR: NON SEXAS CÓMPLICE
Quixera compartir a presentación utilizada co alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria para impartir as charlas que forman parte do programa de prevención de acoso escolar.
Son unha forma máis de sensibilizar aos nosos alumnos/as sobre o tema, inculcarlles unhas normas de convivencia positiva e proporcionarlles uns coñecementos que lles permitan recoñecer e actuar ante posibles situacións de acoso.
É fundamental fomentar entre os nenos/as unha cultura sen violencia, despertar a conciencia de que para loitar contra o acoso teñen que implicarse activamente, de que o seu silencio e inacción os converten en cómplices.
Comentarios
Publicar un comentario
Non esquezas deixar o teu comentario