EMPEZAR PRIMARIA CON BO PÉ
O paso a Primaria supón para os vosos fillos/as un gran acontecemento.
.
Comeza unha etapa na que lles esperan certos cambios aos que se irán adaptando paulatinamente. É importante que afrontemos a mesma correctamente.
.
Comeza unha etapa na que lles esperan certos cambios aos que se irán adaptando paulatinamente. É importante que afrontemos a mesma correctamente.
Dende o colexio, queremos estar convosco neste proceso e con esta idea levamos a cabo unha serie de actuacións encamiñadas a conseguir unha mellor adaptación á nova etapa. Algunhas delas son:
- Reunións entre o profesorado de Educación Infantil e o primeiro curso de Educación Primaria.
- Visita dos nenos/as de sexto curso de Educación Infantil ás aulas de 1º de Primaria.
- Actividades conxuntas entre o alumnado de Infantil e primaria: Samaín, etc
- Reunión coa familias do alumnado que entra en 1º de Primaria o vindeiro curso.
As seguintes pautas teñen a intención de facilitar a adaptación á nova etapa do voso fillo/a, para comezar Primaria con bo pé.
- Procurade vivir o cambio con calma, tranquilidade e normalidade.
- Se vós estades angustiados, lle transmitiredes, sen querelo, medo e desconfianza.
- Evitade frases do tipo: "Xa verás en primeiro"; "Primeiro é máis difícil, non é como Infantil"; "Se non estudias, vas repetir"; "Acabouse a boa vida"... Non lle crean máis que angustia e medos infundados.
- Porén:
- Anticipade os acontecementos de xeito realista, falándolle dos novos cambios: novos espazos, novo profesorado, nova organización das aulas, novas materias, cambios metodolóxicos...
- Falarlles cun discurso positivo: alentalos, motivalos ao cambio, non preocupalos, resaltade todo o que van aprender.
- Transmitirlles que confiamos absolutamente en que poden facer fronte á nova etapa sen nengún problema.
- Moitas veces os pais/nais dubidades das capacidades e da preparación dos vosos fillos/as. Este sentimento é transmitido inconscientemente aos nenos/as.
- Buscar sempre a sintonía co centro e co profesorado dos vosos fillos.
- Evitade críticas e descalificacións sobre os docentes, os compañeiros, etc. Se tendes algún desacordo, faládeo sempre co titor pero non diante do neno.
- Fomentade a súa autoestima.
- Escoitádeos activamente e permitide que expresen as súas inquedanzas e temores. Acompañade aos nenos nos seus sentimentos, sen quitarlle importancia aos mesmos pero alentándoos a afrontar as súas preocupacións de xeito realista.
- Estade tranquilos. Non hai unha ruptura drástica, aínda que si unha organización distinta.
- Se o voso fillo/a ten necesidades especiais, non vos preocupedes. Os novos profesores/as teñen toda a información referente ao neno, para que se teña en conta se necesitan apoio.
- É importante que o responsabilicedes das súas tarefas tanto na escola como na casa.
- Axudádelle a crear unhas rutinas que desenvolvan a súa autonomía e os seus hábitos de traballo.
- Lembrade que a asistencia regular a clase é obrigatoria.
- Dádelle tempo para o cambio. Evitade comparalo con outros nenos. Cada un ten o seu propio ritmo e acada as mesmas etapas en momentos diferentes.
- Acudide ás reunións e colaborade, na medida do posible, co profesorado do voso fillo/a.
- Nas primeiras semanas do curso, hai unha reunión coas familias. É importante a vosa asistencia pois nela poderedes informarvos e preguntar todas as dúbidas que teñades.
- Interesádevos en coñecer que fai o voso fillo/a na clase. Se el percibe ese interese, estará máis motivado cara ao aprendizaxe.
- Seguide as orientacións das titoras, así como as normas establecidas para a aula e para o centro.
- Mantede contacto estreito co profesorado do voso fillo/a ao longo de todo o curso.
Máis cousas:
Entrada moi completa,Grazas por compartir.. Felicidades polo teu Blog.
ResponderEliminarUn saúdo Natalia
Hola. unas pautas e recomendacións moi completas... seguimos en contacto
ResponderEliminarQue boísimas pautas, Natalia. Graciñas por compartilas. Unha aperta.
ResponderEliminar