XA ESTAMOS EN PRIMARIA

A transición de Infantil a Primaria supón para o voso fillo/a o comezo dunha nova e importante etapa, na que deberá enfrontarse a certos cambios aos que se irá adaptando paulatinamente: novos espazos, novos profesores, nova organización das aulas, novas materias, cambios metodolóxicos...
Non en van, no primeiro curso, vanse  adquirir contidos e hábitos de traballo básicos para cursos posteriores.
A transición a esta nova etapa require un período de adaptación; é por iso que o paso de Infantil a Primaria realízase de xeito progresivo. 



Dende o colexio, todos os cursos, lévanse a cabo unha serie de actuacións encamiñadas a conseguir unha mellor adaptación. Algunhas delas son:
  • Reunións interciclo entre o profesorado de Educación Infantil e o primeiro ciclo de Primaria.
  • Visita dos nenos/as de sexto curso de Educación Infantil ás aulas de 1º de Primaria no terceiro trimestre.
  • Actividades conxuntas entre o alumnado de Infantil e primaria: Samaín, etc
  • Información ás familias.
Dentro deste último punto, inclúense as seguintes pautas, que teñen a intención de facilitar a adaptación á nova etapa do voso fillo/a, para comezar Primaria con bo pé.



  • Enviade ao neno/a mensaxes positivos sobre a nova etapa, resaltando todo o que vai aprender cunha visión positiva.
  • Evitade críticas e descalificacións sobre os docentes, os compañeiros, etc. 
  • Anticipade os acontecementos de xeito realista, falándolle dos novos cambios.
  • Transmitídelle confianza ante o cambio. É  fundamental, para que se sinta máis seguro.
  • Fomentade a súa autoestima.
  • Escoitádeo activamente e permitide que exprese as súas inquedanzas e temores sen quitarlle importancia aos seus sentimentos, pero tentando, ao mesmo tempo, de que afronte as súas preocupacións de xeito realista.
  • Evitade falar con el/a en términos negativos ou ameazantes con frases do tipo: “Xa verás en primeiro, non é como en Infantil”, “Acabouse a boa vida”, "Se non estudias, vas repetir"... Non lle crean máis que angustia e medos infundados.
  • Confiade nel. Moitas veces os pais/nais dubidan das capacidades e da preparación dos seus fillos/as. Este sentimento é transmitido inconscientemente aos nenos/as. 




  • Estade tranquilos. Non hai unha ruptura drástica, aínda que si unha organización distinta.
  • Se o voso fillo/a ten necesidades especiais, non vos preocupedes. Os novos profesores/as teñen toda a información referente ao neno, para que se teña en conta se necesitan apoio. 
  • É importante que o responsabilicedes das súas tarefas tanto na escola como na casa.
  • Axudádelle a crear unhas rutinas que desenvolvan a súa autonomía e os seus hábitos de traballo.
  • Lembrade que a asistencia regular a clase é obrigatoria.
  • Dádelle tempo para o cambio. Evitade comparalo con outros nenos. Cada un ten o seu propio ritmo e acada as mesmas etapas en momentos diferentes.
  • Acudide ás reunións e colaborade, na medida do posible, coas profesoras do voso fillo/a.
  • Nas primeiras semanas do curso, hai unha reunión coas familias. É importante a vosa asistencia pois nela poderedes informarvos e preguntar todas as dúbidas que teñades.
  • Interesádevos en coñecer que fai o voso fillo/a na clase. Se el percibe ese interese, estará máis motivado cara ao aprendizaxe.
  • Seguide as orientacións das titoras, así como as normas establecidas para a aula e para o centro.
  • Mantede contacto estreito co profesorado do voso fillo/a ao longo de todo o curso.
  • Pincha aqui para descargar as pautas en PDF

Máis cousas:

Presentación con información sobre o paso a primaria.

El paso de Infantil a Primaria: caderno para as familias
do orientador Jesús Jarque.


Comentarios

  1. Una entrada muy interesante y útil, Natalia. Por cierto, me encanta tu nueva cabecera del blog. Está genial. Un abrazo.

    ResponderEliminar
  2. Hola Ana! Me alegro de que te guste! Un abrazo y muchas gracias!

    ResponderEliminar
  3. Hola Natalia! Una entrada muy interesante, me parecen geniales las orientaciones que das, gracias por compartirlas...
    Soy Cati dl blog "los peques de mi cole" Me he pasado por tu blog a darte la bienvenida al proyecto de blogs colaboradores "Un proyecto entre todos" al que pertenezco dsd hace tiempo pero tuve q dejar a un lado por ser jurado d un premio de blogs. Ahora ya he vuelto y me hago seguidora d tu blog y te uno a mi lista d blogs colaboradores por si en algún momento pides ayuda. Aunque creo que vas a ser tú quien amenudo nos ayude a nosotras con tus aportaciones....
    Un besete y nos leemos

    ResponderEliminar
  4. Hola Cati! Bienvenida a orientacióncondesa! Muchísimas gracias por tus palabras. Un beso y, lo dicho, nos leemos!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Non esquezas deixar o teu comentario