ORIENTACIÓNS PARA A ADAPTACIÓN AO COLEXIO DO ALUMNADO DE NOVO INGRESO DE TRES ANOS




O pasado 6 de setembro, as familias que matriculastes aos vosos fillos e fillas de tres anos neste colexio, tivestes unha nova reunión  para coñecer ás profesoras de infantil de tres anos e para escoitar unha serie de normas e recomendacións destinadas a facilitar a entrada no colexio dos vosos fillos e fillas.

Como xa sabedes, co período de adaptación  pretendemos que as familias vos sintades seguras e confiedes nos profesionais que van educar aos vosos fillos/as, así como que os alumnos/as de novo ingreso establezan lazos afectivos co seu profesorado e cos seus iguais, coñezan o espazo no que vai transcorrer gran parte do seu día e acepten as novas normas e  rutinas escolares.

A continuación, abordaremos  algúns destes aspectos para que non os esquezades:



  • O inicio na escola dos vosos fillos e fillas é algo natural, polo que non debedes vivilo como algo traumático.
  • Procurade desenvolver actitudes positivas respecto da escola, así os vosos fillos e fillas a vivirán como algo bo.
  • Sede constantes na asistencia e nos horarios dos vosos fillos/as. 
  • Evitade comentarios negativos ou que lle poidan facer coller medo  á escola.


  • Amosade seguridade na escola e no profesorado que vai atender aos vosos fillos/as.
  • Procurade que, durante os primeiros días, as despedidas sexan breves e sen dramatismos. É mellor non alongar a situación e despedirse alegremente e con brevidade.
  • Sede moi puntuais ás saídas  co fin de fomentar a súa seguridade e evitar que poida sentirse abandonado.
  • Non lle digades frases do tipo: "Pobriño, quedaches soíño" ou "Tranquilo, que xa estou aquí".
  • Evitade a chantaxe afectiva e as mentiras: "Non chores que me poño triste", "Non chores que veño agora"...
  • Deixade que, se o desexa, leve un obxecto de apego que lle axude a manterse unido a vós.
  • Falade frecuentemente coa titora para intercambiar información. Ides compartir a educación dos vosos  nenos e nenas.



  • Facede que asuman pequenas responsabilidades: vestirse e espirse, comer sós, ir ao baño, pedir axuda se o precisan...
  • Acostumádeos a recoller as súas cousas na casa e a colaborar en pequenas cousas na medida das súas posibilidades.
  • Acostumádeos a compartir as cousas con outros nenos e nenas.
  • Marcade unhas pautas claras e coherentes.
  • Vestídeos con roupa cómoda para fomentar a súa autonomía.
  • Favorecede que se relacione con outro nenos e nenas.
  • Tede en conta que non é un momento oportuno para introducir novos cambios.
  • Respectade os seus ritmos de descanso e alimentación e mantede uns hábitos e rutinas.
  • Inculcádelle hábitos de orde, limpeza, respecto e convivencia.
  • Dedicade parte do voso  tempo libre a xogar e falar con eles, amosando unha actitude de escoita activa.
  • Non fomentedes que falen con "lingua de trapo", repetide correctamente vós o que eles non saben dicir.
  • Abandonade hábitos de cando eran bebés: chupete, biberón, cadeira de rodas,, comer todo triturado...
  • Evitade sobreprotexelos. 
  • Animádeos nos seus progresos, controládeos de cerca e dádelle axuda só cando a necesiten.
  • Amosade interese polos traballos que realizan na escola.
  • Participade activamente e na medida das vosas posibilidades nas actividades do centro e da aula que vos propoñan: actividades extraescolares, reunións, AMPA, Consello Escolar....
  • Tede en conta que cada neno/a é distinto e tamén necesita tempos distintos para adaptarse aos cambios da súa vida.
Pincha aquí, para ter o documento das pautas en PDF

Máis cousas:

Antiga entrada deste blog con consellos para unha mellor adaptación ao colexio,. Nela atoparedes ademáis de pautas, libros e algún vídeo sobre a entrada no colexio


Adiós a los pañales, libro de axuda e orientación para as familias, de Cristina García Edukame.com



Para profes:


Folleto del período de adaptación elaborado por el Equipo AMEI-WAECE


Registro del período de adaptación de Eli Lucas Fernández

Comentarios

Publicar un comentario

Non esquezas deixar o teu comentario