2 DE ABRIL: DÍA DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO
Fonte ilustración: Esther Medraño
O 2 de abril celébrase o día internacional para a concienciación sobre o autismo. Por este motivo, gustaríame compartir convosco o vídeo "Alí estarei", que nos regalan Olga Lalín e Seso Durán, pais de Manuel, un precioso neno que ten autismo.
Nel, Olga e Seso cántannos e cóntannos as emocións contraditorias que xorden cando es pai/nai dun neno con Trastorno de Espectro Autista: a aceptación da súa particular condición; a alegría de compartir con el a vida; a angustia que, ás veces, atenaza pensando nun futuro incerto; o desexo de protexer ata o infinito; o compromiso de loita polos dereitos do teu fillo.
Que a difusión deste video no blog contribúa a achegar un gran de area na concienciación sobre o autismo e tamén na loita polos dereitos das persoas autistas.
Que esta non se converta nunha loita particular das súas familias, senón nun compromiso que involucre a toda a sociedade e, en especial, ás Administracións que deben ter en conta a todos os cidadáns, especialmente a aqueles que máis o necesitan.
Que esta non se converta nunha loita particular das súas familias, senón nun compromiso que involucre a toda a sociedade e, en especial, ás Administracións que deben ter en conta a todos os cidadáns, especialmente a aqueles que máis o necesitan.
Que os tempos difíciles que vivimos non se convertan na escusa para mirar para outro lado.
A continuación, déixovos outro fermoso vídeo desta parella adicado ao seu fillo no pasado 2 de abril.
Letra en castelán:
Si me dijeran que llegabas,
si me dijeran que venías,
te estaría esperando
con los brazos abiertos.
Le diría a mi corazón
que se hiciese más grande
y a mis manos más suaves.
Le pediría a mi voz
que se hciese más dulce
para cantarte canciones
por las noches.
Te habría preparado
un jardín con un columpio dorado
que llegase a las nubes.
Si lo supiese
te habría cosido
una manta de besos
para arroparte cuando duermes.
Le pediría a mi voz...
No estoy dispuesta/o a rendirme,
no estoy dispuesta/o a dejar pasar
una oportunidad para decir lo que quiero.
No estoy dispuesta/o a disimular,
no estoy dispuesta/o a dejar pasar una oportunidad
para decirle al mundo
que hay mucho que hacer,
que hay mucho que aprender,
que hay mucho que hacer.
Natalia Longo é outra das orientadoras que ven realizando unha tarefa moi meritoria nesto do uso do blog como ferramenta útil na orientación educativa.O blog é: http://orientacioncondesa.blogspot.com.es/
ResponderEliminarMoitas grazas polas túas palabras! Un abrazo desde Orientaconcondesa! Natalia
EliminarOla, son a mamá de Manuel, quero agradecervos a entrada tan bonita que facedes no voso blogue dando exemplo de escola pública implicada na inclusión educativa. Unha aperta!
ResponderEliminarOla Olga! Que sorpresa tan grata atopar a túa mensaxe! Alégrome que che gustara a entrada, pero como ben decides vós, aínda queda moito por facer. Por unha escola pública dotada cos recursos necesarios que permitan unha educación inclusiva digna!. Moitas grazas polas túas palabras e un forte abrazo desde Orientacioncondesa! Natalia
Eliminar