QUE FRACASA CANDO FALAMOS DE FRACASO ESCOLAR
A través do blog do Departamento de Orientación do CEIP Isidro Parga Pondal, atopei esta interesantísima intervención de Mª Ángeles Llorente ante a comisión de Educación das Corts Valencianas.
Trátase dunha comparecencia clara e directa na que, entre outras cousas, a ponente nos recorda que:
- Cando falamos de fracaso escolar, fálase única e inxustamente do fracaso dos rapaces.
- A cuestión non é falar de fracaso, senón de como facer para que todas as persoas, coas súas dificultades, peculiares circunstancias, características... teñan as mesmas oportunidades.
- Estamos contribuíndo a crear un sistema perverso que, en vez de potenciar o interese por aprender, potencia o interese por aprobar.
- A avaliación debe servir para detectar problemas e resolvelos e non para clasificar e segregar as persoas.
Se isto non é así o sistema educativo non estará máis que contribuíndo á reproducción das desigualdades sociais que crea a propia sociedade.
Invítovos a escoitar esta interesante conferencia e a reflexionar sobre ela. Paga a pena!
Comentarios
Publicar un comentario
Non esquezas deixar o teu comentario