In-TIC Axenda


As axendas personalizadas con claves visuais son un instrumento moi útil para as persoas con Trastornos do Espectro Autista.
Proporciónanlle un ambiente estruturado que lles axuda a comprender o entorno e a predecir o que vai suceder en cada momento.
Este é un dos obxectivos de In-TIC Axenda. Trátase dunha aplicación, dispoñible para Windows, desenvolvida pola Fundación Orange e a Universidade de A Coruña.
Esta ferramenta multimedia permite crear diferentes actividades asociadas a secuencias de pictogramas para realizar a axenda diaria, semanal ou libre.
agenda-intic
 Podes descargala de xeito gratuíto AQUI

Comentarios