Chega o Nadal e con el o tempo de regalos. Para acertar cos xoguetes dos máis pequenos da casa, tedes a continuación unha serie de orientacións que espero que vos sexan de utilidade: Facédelle comprender aos nenos que, da carta que escriban, os Reis Magos só elixirán algún regalo. É importante que comprendan que non poden obter todo o que desexan, deste xeito aprenden a tolerar a frustración. Non se trata de que os nenos teñan unha chea de regalos, senón poucos e ben elixidos para que poidan valorar a súa importancia e aproveitar todo o seu potencial. Os xoguetes deben servir para xogar, por iso é fundamental que sexan seguros e adecuados á idade do neno . O mellor xoguete non é o máis caro senón o que logra estimular a imaxinación, a creatividade e o intelecto do neno. É importante respectar os gustos e desexos dos nenos, pero como pais debemos orientar sempre a elección cara un consumo equilibrado: necesidades, va...