O blog como ferramenta na orientación educativa

O blog ten un gran potencial para a orientación educativa que podemos e debemos explotar.
  • É gratuíto.
  • Ten fácil acceso e fácil manexo.
  • Grazas a súa flexibilidade permite adaptarse ás distintas necesidades de información que xorden nun momento puntual.
  •  Admite formatos multimedia.
  • Permítenos interactuar cos usuarios.
  • É unha ferramenta coa que o noso alumnado está familiarizado e ante a que se atopa motivado.
  • A información chega de xeito inmediato a toda a comunidade educativa, coa vantaxe e aforro  de tempo que isto conleva.
  •  Permítenos actualizar a información automaticamente mediante a sindicación de contidos.
  • É, ao mesmo tempo, un espazo para  almacenar a información de xeito organizado e un espazo de aprendizaxe.
Ao crealo, debemos procurar:
  • Ter claro para que e para quen o creamos.
  • Informarnos sobre as ferramentas da web que nos permiten crear, editar e publicar contidos.
  • Crear as categorías que necesitamos: acción titorial, orientación académica...
  • Procurar que sexa atractivo e accesible.
  • Deseñalo dun xeito claro, accesible e organizado.
  • Actualizalo con frecuencia, de xeito que os contidos sempre resulten útiles.
  • Difundilo entre a comunidade educativa.
  • Asegurarnos de que familia, alumnado e profesorado sabe utilizar esta ferramenta, a nivel de usuario e de editor.

Comentarios